Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.454 posts
38 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Fotos no derrumbe de Mirasol

    A caída do talud das naves en Mirasol non parece moita cousa, pero éo. Deixo ademáis dúas fotos para limitar as naves: pola parte baixa (leste), un pasillo entre naves que sempre me pareceu curioso. Pola parte alta (oeste), unhas escaleiras talladas e abandoadas dende hai tempo.

  • Inauguración polémica

    Non, non é a da IV Escola Fermín Penzol que hoxe se abre no Hernán Naval ás 17:30. É a do novo tramo da autovía que levará ata Barreiros e que se inaugurará hoxe. Un tramo curto (8km) que liberará a San Miguel e a San Cosme do paso de cantidade de vehículos, porque con…

  • Presentación de libro

    Dentro das IV Xornadas Fermín Penzol será presentado un libro. Aquí deixo a ‘tarxeta de visita’

  • Paradoxos

    Atopámonos con que, despois de construír onde non se debía (algo que segue a pedir moita xente) na Veiga durante moitos anos, agora van pedir declaración de zona catastrófica. Si, seraáo, pero, a ter claro que despois da distribución de construccións que se fixo, voltará a haber riadas de xeito natural. Os gandeiros da UE…

  • Asumido

    Máis ou menos, está asumido: un presidente negro escasas dúas xeracións despois da abolición da segregación racial nos EUA. aquí non hai segregación, pero, alguén imaxina un presidente xitano?

  • Allende e Pinochet

    Hai pouco estiven nunha exposición fotográfica sobre Allende, “Allende. Imágenes de un líder”, con material cedido pola Embaixada de Chile na Universidade de Salamanca. A foto era usada nunha tarxeta de propaganda da exposición. A min chocoume unha cousa. Non que Pinochet, xefe militar, fora escoltando a Allende, xefe político, senón que da xente representativa…

  • .gal

    Remato de enterarme que en breve teremos o dominio .gal en internet. Este sitio seguirá co .com gratuito, pero teráo no esprito, xa sen solapa na pantalla.

  • Reportaxe fotográfica

    Mentres houbo un novo desprendemento en Mirasol, afectando a outra nave, e onte a Veiga quedou asolagada na zona do parque, o muro do frente da Costa de Juanita (é dicir, na rúa San Miguel) segue no mesmo estado que se pode ver. A notar que a caída do muro deixou ó descuberto o que…

  • Obama, novo presidente

    Unha nota breve: Obama, novo presidente dos EEUU. Será investido en dous meses, se as ameazas contra a súa vida o permiten. Mentras, entérome que non só Ferrari, senón tamén Porsche, está na ‘cresta da onda’, con ventas e beneficios marcando máximos. Cambiará algo importante este novo presidente?

  • Exposición de Cogomelos

    No blog Física e Química en Ribadeo remato de meter unha colección de fotos da exposición de cogomelos deste ano no IES Porta da Auga. Este ano a choiva impediu saír dun xeito organizado na procura de cogomelos ós alumnos, pero aínda así montouse unha pequena exposición a cargo do Depto. de CCNN. Entradas da…