Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.454 posts
38 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Noite, movida, ruído

    De novo, antes de (espero) centrarme máis en Ribadeo a próxima semana, vexo apretuxadas case nos papeis novas soltas pero relacionadas: ‘beber 5 copas en tres horas, unha vez al mes, grave factor de risco‘, mentres de xeito indireto segue a haber carta branca (ou mesmo facilitación) para o consumo de alcohol e son paradas…

  • Robín dos bosques, á inversa

    Contan que xente como Robín dos Bosques ou Guillermo Tell loitaban para equilibrar a sociedade, quitándolle cartos á xente que era rica (e ademáis seguía roubando no momento) para dárllelo ós pobres de solemnidade. Agora a cousa parece foncionar ó revés: en troques de redistribución, absorción ascendente. temos o exemplo de ‘salvación’ do sistema financieiro…

  • Dragado

    Entérome pola prensa dun novo dragado na ría nunha nova que da o dato de que o verquido de area do derradeiro ata agora dragado, feito na zona asturiana, foi verquido fronte a Penarronda. Está establecido que sexa varias millas adentro do mar (se mal non lembro, 8, pero ben pode ser que me equivoque),…

  • Unha e mil vivendas

    Mergullándome para buscar unha serie de fotos atopeime con esta xa vella (2005) foto do ascensor da Torre dos Moreno (algunha das citas e fotos en Ribadeando: 1, 2, 3, 4, 5, 6, … hai moitas máis), unha das casas da serie de Casas de Indianos do blog, que aparece tamén recollida na Galipedia. O…

  • Rio de Ribambo

    A falta de que alguén dende algunha institución oficial o faga, despois de dar o aviso para que así se fixera, remato de reportar a variación de Rio de Ribambo por Ría de Ribadeo (ou aquí)en Google maps. … é de esperar que pronto se vexa o cambio…para continuar con varios máis que son necesarios…

  • Ja!

    Recollo dous puntos visuais dun periódico de hoxe. O primeiro, unha foto con Zapatero detrás de Bush.Unha primeira interpretación sería algo así como ‘conseguino, estou aquí, no centro, xusto detrás do mandamáis’, pero tamén pode interpretarse como ‘gárdote as costas, xefe’. Unha volta vista a segunda imaxe, unha viñeta de Forges na que os líderes…

  • Para a fin de semana e próximos días

    Lémbrome (tarde) de que hoxe está habendo unha actuación do ciclo de músicas posíbeis, e poño a lembranza doutras actividades que me chegaron e que aínda serán: A compañía ENTREMÁNS presenta Que pasa aquí?, ‘Unha mestura de dramaturxia, coreografía e pedagoxía nunha peza para os nenos’. No Hernán Naval mañá domingo. Paso asemade o díptico…

  • Excavadora polos aires

    Nunha obra, a da esquina da Avda. Asturias coa rúa do Alza, tomei a comezos da semana estas dúas fotos, sacando a excavadora da obra polos aires…

  • De Suso Peña á Atalaia

    Suso Peña está de actualidade: resulta que non hai especialistas para levar adiante o arquivo do material xerado por el (hai pouco falaba da falta de persoal cualificado en Galicia e dos seus efectos sobre a crise/emprego). Mentras, non se podería poñer o proxecto en mans de voluntarios para ir comezando? Onte recibiuse un novo…

  • Chega, pasase, é certo…?

    “A igrexa católica, ó igual que moitos actores sociais, apuntáronse a criticar ó capitalismo e a globalización pero non cuestionan as verdadeiras causas da crise e das desigualdades sociais”, cita de Klaus Peter Kisker en este artigo. Unha nota: poño igrexa e non Igrexa, como ven no artigo, porque entendo que se refire á estrutura…