Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.454 posts
38 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Declaración universal dos dereitos humáns

    En galego, nunha web da ONU, cunha curiosa traducción: ‘Declaración Universal dos Dereitos das Persoas’. 60 anos despois da súa proclama…

  • Rebelíón no mercado

    Polo momento, parece que non vai haber mercado. Onte había unha situcación curiosa, con furgonetas pero sen postos. E o alcalde dicindo que hai máis xente que quera vir que postos. Dado como está de cheo normalmente, non sería estrano. Pero o caso é que onte non houbo e polo momento funciona o que ninguén…

  • A circunvalacion de Mirasol

    Facía xa tempo que non baixaba tentando de bordear Mirasol: cousa dunha semana. E atopeime co que presento. As fotos son da fin de semana, co que a día de hoxe, a circunvalación está limpa para serlle posto o piso en canto se lle faigan sumidoiros e se lle poña a corrente eléctrica. Ademáis, nótase…

  • David Antonio López Álvarez

    Ribadense. Ten exposto moitas veces ó longo do viciño mundo mundial, ten estado en conversas para crear unha sección de museo destinada á súa colección, mesmo coido que un museo enteiro, ten… exposto por última volta en Ribadeo hai moitos anos na Feira da Ciencia, se mal non me lembro. Non ten unha colección de…

  • Folga

    Hoxe toca folga. De comerciantes no mercado. Despois do ‘éxito do mercado de Nadal’, os comerciantes rebótanse polas subas aplicadas ós postos dos mércores. Non entendo moi ben, pero mesmo despois dalgún comentario recibido no blog sobre o mercado de Nadal, o certo é que había xente (aínda que fora moita ‘de miranda’), e que…

  • O porto de Ribadeo e a súa actividade

        Deixo a película dunha secuencia de carga de pasta de papel no peirao de Mirasol. Coido que é unha actividade importante, e despois da manifestación ‘ría si, nave non‘, debemos axeitarnos a contribuír dalgún xeito á mellora sen impactos negativos da actividade económica. En caso contrario, voltaremos a afrontar dentro dalgún tempo outro recheo,…

  • A casa de baños, análise fotográfica actual

    Despois de ‘Tres fotos de Ribadeo‘, quedábame o descobrir se se podía entrar na zona da antiga casa de baños ou non. Pois si, cúmprese a lei e o resultado son as fotos que acompañan. A entrada, pola pasarela máis pegada á beira do peirao, permite ver a antiga praia, á que se chega despois…

  • Accesibilidade

    Parece que o concello non só non permite facilidades para acceso de discapacitados á casa do concello. Pódese ver que na flamante nova web tampouco está permitido linux, por exemplo, para ver as fotos aéreas. É dicir, quen quera ser libre en internet será equiparado a un discapacitado… Os outros poderán ter a ilusión de…

  • Teléfono 902 do Sergas

    Paso ó blog parte dun correo que me chegou hoxe en relación coa polémica do 902 do Sergas e que pode ser interesante como método, polémica a parte. ” Se te chegou unha carta do Sergas para que pidas cita no teléfono 902-077-333, para beneficiarte da tarifa plana ou chamar máis barato, o único que…

  • Superación de filtros na información

    Hai veces que me pregunto como ter acceso a información de Ribadeo. O certo é que hai veces que a ocultación de información ou a censura están nos lugares menos pensados. Por exemplo, no acceso á rede. Por iso, aínda que non sexa de Ribadeo, deixo aquí a ligazón un pequeno manual para sobrepasar os…