-
Cita previa do Sergas.- copia do blog de O Tesón
Na polémica sobre os 902 do Sergas para pedir cita, recollemos unha entrada de cidadáns de Lugo. Entrada publicada en http://o-teson.blogspot.com na mesma data á que é asignada a súa reprodución e o mesmo etiquetado.
-
“Se non tes nada que dicir, cántao”
Parece ser era unha das reglas seguidas polos publicistas antes da chegada masiva de internet, e segue aser usada. Decátome dela a propósito dos villancicos de Nadal en Ribadeo, 10 horas/día, festivos e horas de comer incluídos. Engadiríalle ó dito publicitario “Se aínda así non das feito, canta igual calquera cousa”, pois a comedura de…
-
O Globo de Shakespeare
Tivo lugar onte a presentación do libro de Jaureguízar. Só un pequeno resume da presentación, introducida por Farruco Graña e levada a cabo por Gonzalo Moure. Ilusionante por desconcertante: como pode facerse algo coherente coas personaxes deseñadas na presentación? Do estilo de Jaureguízar, un pouco máis aló de Jaureguízar.
-
Unha nova vella a ter en conta
En Ribadeo andamos detrás da participación veciñal efectiva. Manuel Maseda pásame un jpg cunha nova que procuro despois en internet: “El concello de Ourense asigna a los vecinos un escaño“. A destacar, para os moi ilusionados, que é unha nova do 2007 e que despois non aparece noticia sobre ela. Pero pode ser unha referencia…
-
Unha das leis inexorables
“Unha das leis inexorables da economía é que ningunha actividade que consuma máis riqueza da que produce pode manterse indefinidamente” (dunha carta ó director na Voz de Galicia o 2/1/2009) … aplíquese á economía ‘financieira’, ó o cambio climático, … é unha lei moi versátil. De feito, non é unha lei da economía, é a…
-
Presentación de ‘O Globo de Shakespeare’, de Jaureguizar
Hoxe na Casa das Letras terá lugar a presentación do libro ‘O Globo de Shakespeare’, de Jaureguizar, ás 20:30 da man da Paco Lanza. Non atopo a referencia no blog da Casa, pero alí sempre se atopa algo novo. Collo entón outra referencia para quen queira saber algo máis.
-
Sobre ‘Aquí como en Viena’
Onte foi o tradicional concerto de aninovo, ‘Aquí como en Viena’, con case tres lustros de historia (o primeiro da serie foi na Igrexa o 25/12/94). A novidade, a actuación en dúas obras de bailaríns nunha extensión do esceario. Foron dúas actuacións diversas: na primeira, alumnas pequenas da escola de música, e na segunda, tres…
-
De resaca
Hoxe as novas son da resaca do fin de ano. Parece que en Ribadeo non houbo nada grave que reseñar, nin nada anormal: segue sendo normal o horario dos fins de ano. O coche que ardeu fronte ó Gamallo Fierros, unha excepción da normalidade, pero nada máis. E a petición para o alongamento do prazo…
-
Música para mañá: concerto aquí como en Viena
De novo, a rede… fai que haxa que substituír o ‘mañá’ do título por ‘hoxe’: Concerto “Aquí como en Viena” A Banda Municipal de Ribadeo, celebra o Venres, día 2 de Xaneiro, ás 20:30 horas do serán, o seu tradicional e recoñecido concerto de aninovo “AQUÍ COMO EN VIENA”, no Auditorio Municipal “Hernán Naval” de…