Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Meteoroloxía do día de onte

    Deixo á beira a gráfica do vento e refacho do día de onte. Por esta volta, a predicción en canto a Ribadeo foi moi acertada, con vento máximo de prácticamente 50km/h, aínda que os refachos chegaron ós 90 pola tarde. Noutros lugares da zona os ventos foron máis fortes, e a electricidade voltou fallar. Por…

  • Non é de Ribadeo…

    … pero coido que si é de interese esta parodia da entrega dos premios Goya o outro día.

  • Apoio mutuo: Sabido é que os luns …

    … son días de poucas novas, polo que soo facer uso dos artigos de opinión. Onte atopei algunhas perlas relacionadas coa crise: “Alguén debera comezar a facer chamamentos, non para que os cidadáns aumenten a súa capacidade de encaixar golpes, senón para que incrementen a súa presión para lograr que o sistema non poda voltar…

  • Suspensión

    Adxunto deixo unha copia da carta de suspensión das clases hoxe, despois do post de onte sobre a suspensión e mentras soa o vento algo máis do normal. Aparte das previsións que alí puxen, pódense ver as da Voz de hoxe, mentres as de aemet e meteogalicia seguen prácticamente sen cambios.

  • … temporal?

    De novo, aviso de que mañá luns 9 de febreiro non hai clases. Á beira, as predicións de aemet e de meteogalicia para Ribadeo. Aparentemente, vai haber ventos fortes, pero non moi fortes, e en particular, pola tarde… O dito, un día máis sen clase. A responsabilidade, a conta da sobreprotección dos alumnos, aque se…

  • Sobre cousas da prensa

    Non cansarei hoxe unha vez máis co detalle doutra noite de movida e sin control de locais nouturnos. Todos sabemos o que hai e o que representa a inacción. Así, pois, voume a unha nova que comeza cos primeiros pasos dunha asociación cultural no Valadouro e atópome na mesma columna que o alcalde de Ribadeo…

  • Unha ponte para Ribadeo

    “Jueves 7 de febrero de 1884. Puente de Ribadeo. Dice El Hermandiño, de Mondoñedo, que merced a las gestiones hechas por Ventura Olabarrieta, han sido aprobados por la Dirección General de Obras Públicas los estudios del puente que debe unir Ribadeo con Castropol.” La Voz de Galicia 7/2/2009, p.16-Opinión. Hemeroteca. Anotacións: El Hermadiño: diario de…

  • Dous actos culturais

    Debido ó tema, case cabería dicir dous actos históricos, polo tema conicidente a grandes rasgos de ambos. No primeiro tratábase de historia máis antiga. A presentación do libro Sobre os castros de Ribadeo, un acto curto e condensado, foi dirixida no mesmo sentido que as cousas que conta o texto e co mesmo obxectivo que…

  • Pensamentos xurídicos

    En razón da secretaría de O Tesón, tento facerme con algunha información que doutro xeito non se me pasaría pola cabeza recoller. Entre esa e outra de tipo aprticular, vexo cada vez máis claro o obscuro da administración, tentando tapar todos os seus actos detrás do descoñecemento e uso abusivo de normas legais. Remato agora…

  • Presentación do libro “Sobre os Castros de Ribadeo”

    Terá lugar esta tarde, na Casa das Letras ás 20:00, a presentación do libro escrito por José Mª Rodríguez Díaz e editado pola AVV O Tesón. Nota posterior: o libro pode atoparse en dúa partes en Sobre os castros de Ribadeo 1 e Sobre os castros de Ribadeo 2