-
Regulamento de participación cidadá
O xoves 19, O Tesón presentou no concello a proposta dun borrador de Regulamento de Participación cidadá. Pode verse aquí (blog de O Tesón).
-
Unha obra abandoada no centro do pobo
Estivo xa nalgún momento parada, e voltou a comezar, … e volve a estar parada esta obra de Ramón González. A fixarse na árbore caída, sinal de que xa pasou algunha tormenta despois do seu abandono. Non é a primeira vez que me refiro a ela, con foto tomada por diante ou por tras, polo…
-
Convocatoria do Consello Sectorial da Muller
Onte, venres 19, ás 20:30, estaba convocado o Consello Sectorial da Muller, coa orde do día de información das actividades a desenvoltar no primeiro semestre do ano e o traballo en comisións.
-
Información
Din que a información é a clave do poder. Pasáronme onte (grazas, Teresa) unha ligazón moi interesante sobre a información, pois da portadas e ligazóns a periódicos de todo o mundo: http://kiosko.net/.Ou de España. Ou do norte da península (por certo, aquí noto unha falta que incumbe á zona, debido quizáis ó xeito de publicación…
-
Congreso sobre o Camiño Norte
Deixo as imaxes correspondentes a varias páxinas do folleto do Congreso sobre o Camiño Norte que terá lugar en Mondoñedo (xoves) e Ribadeo (venres e sábado)
-
Pasou o mércores
E con el, as especulacións desta semana sobre o mercado. Hoxe, nova xuntanza dos políticos. E mentras algún xornal comeza a falar do ‘extinto mercado’, onte os cochea aparcaron no lugar e foron multados. Claro, se non hai mercado … pero o caso é que si, aínda que poucos vendedores se dispuxeron, os labregos…
-
XUNTANZA DE VECIÑOS AFECTADOS POLA LIÑA DE OUTA TENSION
Nota de prensa recibida. O pasado luns, 16 de Febreiro, celebrouse unha nova xuntanza de veciños afectados pola liña de outa tension que proxectan o concello de Ribadeo, BEGASA, a conselleria de Industria e SEPES. En realidade deberamos decir “presuntamente” afectados, porque o trazado da liña segue a ser un secreto. Nesta xuntanza trataronse varios…
-
A moda de A Ponte de Arante
Hai algún tempo xurdiu en Ribadeo a moda das viaxes en tren para a terceira idade. Os nosos maiores recorreron a bisbarra feveada dun ó outro confín. Non estou seguro de que a moda xa caducara: no inverno estas cousas baixan de intensidade, aínda que non corren bos tempos para as subvencións pertinentes. Agora remata…
-
Vaia novas…
A cadros. Así queda un despois de ler algunhas novas. Non é aquelo de novas totalmente especiais, porque multiplícanse, fánse normais e a xente non reacciona, co que perden non a capacidade de impacto, senón o impacto real. Xa levo comentadas moitas, pero de cando en vez é un exercicio voltar a facelo con algunha…
-
Comunicado de prensa de O Tesón
Hoxe liberouse un comunicado de prensa da AVV O Tesón para incidir no aproveitamento da campaña eleitoral en marcha, coa consciencia de que hai moitas máis cousas que se podería tentar meter en campaña, pero hai que reducir as ambicións para poder sacar algo.