Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Máis cambios

    Comezan a verse na prensa os primeiros síntomas de cambio nas resolucións de conflitos e en máis cousas. Aparece unha nova sobre unha resolución urbanística (esta volta, en relación cun colexio público en Cervo, en que enfrontaba Concello e Xunta), dándolle a razón xudicial á Xunta. Pero agora, a Xunta cambiou. E o alcalde declara…

  • Efectos en Ribadeo

    Notaranse pouco a pouco, pero hánse de notar. As eleccións, cos seus resultados, implican que cambian un montón de relacións con entidades das que dependen moitas cousas e cartos. E pásase, no caso de Ribadeo, de entidades ‘amigas’ a entidades ‘enemigas’. Non se deberan usar eses termos, pero a realidade coido que é así. E,…

  • Fresco ós oitenta anos.

    Despois de tanta campaña, pode producir unha sensación ben diferente o ler unha entrevista como esta que lle fixeron a Noam Chomsky.

  • Pasaron as eleccións, e aí están os resultados

    PP39/PSOE24/BNG12 PP, maioría absoluta. Desconcerto visible no bipartito, que cría que o cambio, só por dicilo, seguiría sendo cambio. E non. Non foi así. Ter unha percepción de que se estaban queimando etapas de corrupción máis rápido aínda que en mandatos anteriores non favoreceu ó proceso de cambio, e o aviso de que viña o…

  • Á espera de resultados

    Á espera de resultados das eleccións en curso, estiven recabando datos das anteriores autonómicas, e deixo a continuación un resumo, primeiro con gráficos (en capasa de cebola, dende as de 1981 pola parte interna ás de 2005, pola parte máis externa) e logo en táboa. A orde que aparece nos gráficos é a mesma que…

  • A orde sen o poder: reflexións para un día de votación

    A primeira parte do título é unha cita (1) que recollo como posibilidade. Posibilidade moi a ter en conta nun día de eleccións coma hoxe. O resto tamén son citas, e a súa fonte. “O sufraxio universal é o dereito para o cidadán de poseer 1/1460 ou 1/1461 (contando con anos bisisiestos) do poder que…

  • A queima do antroido 2009

    Unhas cantas fotos para marcar o momento final do antroido 2009: a queima do boneco que o representa (este ano non houbo enterro da sardiña, senón queima, máis tradicional) O sitio, o parque, mesmo ocupado en parque aínda cunha exposición. Aproveito para subir a 21 os días de ocupación do parque por carpas no que…

  • Os problemas do leite

    É certo que a producción de leite, de xeito direito, afecta cada vez a menor número de persoas ó estaren máis concentradas as gandeirías. Pero en plena crise, unha rebaixa de 0,03 €/L pode significar moitos cartos para cada gandeiro e para a comarca. E un aviso de cambio de empresa de recollida dunha semana…

  • Comentario sobre os comentarios ó blog

    Así como o blog procuro telo ó día, non sempre me é posible facelo, e pódese comprobar que algunha vez teño deixado de publicar durante unha semana enteira. dende que o blog permete publicar de xeito diferido, procuro prever a falta de publicación durante un tempo e ter preparados artigos xenéricos para cubrir ese tempo…

  • Sobre a liña de alta tensión. Unha nota con sinatura.

    RESPOSTA DO SR. ALCALDE Mes e medio despois de rexistrar no concello de Ribadeo un escrito asinado por 163 veciños, solicitando información sobre o tendido de outa tension e a subestación electrica, os primeiros asinantes de cada folla de sinaturas recibimos unha escrita do Sr. Alcalde, de aproximadamente medio folio, onde ven a confirmar o…