Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Unha foto da illa Pancha

    A lista de Cultura do Concello distribuíuna hoxe e vai tal cual, co que se pode ver ampliada con resolución abondo. O fotógrafo, Mariano Pérez, procurou non tomar na vista os graffittis do banco. Aprećiase asemade o estado da madeira, sen pintar hai abondo tempo, e a vista recolle unha paisaxe bonita, obviando o uso…

  • As Grobas comeza a reexistir

    Coas catas comezadas luns e que se extenterán ata o 23 de abril, espérase ter unha idea da importancia dos restos do xacemento. Non no sentido de que haxa ou non restos, senón da súa conservación e posibilidades de recuperación de material a parte do propiamente estrutural das vivendas, o que posibilitaría a datación do…

  • Unha entrada pequena para unha carreira grande

    Só unhas letras para deixar constancia. Leo onte que Julio Antolín parte para participar nunha das carreiras máis extremas do mundo, a que atravesa o deserto de Atacama. É un deporte de esforzo e mesmo de risco polo que require de acción corporal continuada.

  • Nota de prensa: SUBESTACION ELECTRICA E LIÑA DE OUTA TENSION

    A continuación á nota de prensa. Coido que hai puntos a destacar, como o do parágrafo 7º polo que implica, ou o do parágrafo 2º, no que resulta que os planos non están en exposición, pero despois de comezar as protestas si que a empresa comeza a moverse para teren conta alomenos políticamente ós viciños:…

  • 1 – 0

    Coido que o tanteo, hoxe, é maís elevado. Non se trata do fútbol, senón de política. En canto ós ‘equipos’, coido que podería dárselles nome diferente segundo visións aprticulares. Hai quen dirá que un equipo é o alcalde, o equipo de goberno, por exemplo, mentras hai quen dirá que é o pobo. O mesmo na…

  • Mercado a 65

    A semana pasada dixérono os vendedores, houbo nota de prensa do alcalde e onte voltouse a repetir noutra nota de prensa: hoxe haberá mercado, pero non todos están ó día no pago, e só montará quen non sexa montaraz: os 65 (dun total de máis de 80) que pagaron todo o 2008. O que levamos…

  • Autobombo

    http://www.santiagosiete.es/articulo/2008/43/blogs-galipedia-y-chuza-nuevos-poderes-comunicacion-en-galicia … envioumo un amigo que merecería ser citado máis que eu.

  • Eu confundo, ti confundes, … conxugación da liña eléctrica a Folgfosa

    Parece que, nun novo caso de obscurantismo administrativo estilo nave no porto, a Consellería de Innovación e Industria anda xogando ó rato e o gato. aquí quedan os planos presentados onte en Santa Cruz sobre a liña de alta tensión, primieros vistos na zona e datados en outubro do ano pasado (mentras que se leva…

  • Débese axudar ós bancos?

    Si, xa sei: hai bancos e bancos, e a nova que vou ligar a continuación non se refire a un banco español, pero é para meditar http://feedproxy.google.com/~r/ElBlogDeEnriqueDans/~3/nNzy5fTDLvU/el-barclays-y-el-efecto-streisand.html

  • En galego, en castelán, … en escrito e para todos

    Vía J. Mª Rodríguez chegoume este correo que poño a continuación, correo que anda circulando pola nosa xeografía. Xa teño falado algunha vez no blog sobre o tema, e despois das preguntas de O tesón do pasado pleno, coido que debo poñelo para darlle máis difusión — *Asunto: Escrito de José Luis Sampedro para circular…