Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.300 posts
29 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • 12 contra 4 en 577

    Así foi aprobado na Asamblea Nacional Francesa, con 12 votos a favor e 4 en contra, de 577 persoas que deberan estar presentes (e non estaban despois de 40 horas de debates). A lei? é o de menos; corresponde á lei dos tres avisos para desconexión de internet por descargas que alí son ilegais. Non…

  • Fotos de novidades en Ribadeo

    Comezo cunha intranscendente, que da a clasificación ó mediodía dos torneos de fútbol 3 que teñen lugar no Cantón, tal como estaban este mediodía. Non vin publicados os resultados en ningún sitio, por iso aí quedan. A segunda é do cable que onte parou o desenvolvemento da procesión, na rúa Reinante. A súa misión aínda…

  • Da velocidade, o touciño … e o concello

    De todos é sabido que o que pasa en Ribadeo ten tendencia a ser achacado ó concello (en particular, se é para mal; se é para ben, é a propaganda oficial a que se encarga de xeito direito). É evidente que moitas veces se esaxera, pois o concello non pode ser omnipresente. Pero, ás veces,…

  • VECIÑOS PIDEN SOTERRAMENTO OU SUPRESION DA LIÑA DE OUTA TENSION

    O pasado venres, dia 3 de Abril, a asamblea de comuneros do monte veciñal de As Anzas acordou exixir o soterramento da liña da outa tension e , cando non, a suspension da trazado polo seu monte. A decision exixe un analise acougado das circunstancias, dos antecedentes e do efecto domino que pode traguer consigo…

  • A presencia da SGAE

    Onte foi o concerto de Semana Santa da Banda de Música Municipal de Ribadeo. Á beira, o folleto correspondente.Non chegou a medio auditorio Hernán Naval a xente que desfrutou del. Houbo algún cambio respecto do programa: Miniatures for band foi interpretada antes que Concerto grosso, e a Antoline que aparece era na realidade Attonline. A…

  • A ría, en cheo

    A ría da unha imaxe diferente cada volta que se mira. Estas dúas imaxes dan fe dun dos últimos cheos , co espolón dos bloques mergullado na punta (como se pode ver se se amplía a foto) e a praia reducida ó mínimo. No fondo, as nubes impiden ver a neve, aínda presente nos Oscos.

  • O concello

    O concello estes días é nova. Atácase o soldo do alcalde 2781€ brutos mensuais (14 mensualidades, sen ningún outro complemento), quen reacciona negando unha suba desorbitada da que é acusado, e deixándoa na doceava parte. A cambio, acusa ós acusadores, a CGT, de ser “esa central sindical está instalada na difamación continúa e na mentira”.…

  • É telefónica española? Compórtase dando algunha ventaxa ós usuarios ‘da casa’?

    Cifras cantan: Brasil ten máis negocio con telefónica que España, a quen duplica en negocio de móbiles. Pero non é só o negocio ou a externalización de servizos (de malos servizos, como a atención ó cliente), hai que mirar outras cousas: en España obtivo case un 25% máis de beneficios antes de amortizacións que ……

  • Sobre o blog

    É posible que ata o día 6 ou 7 non publique ou o faga a salto de mata. Quede constancia da visita a Ribadeo dunha delegación francesa para ultimar detalles sobre a Transgacogne coa nova directiva do Clube náutico, volta náutica que este ano, en agosto, pasará por Ribadeo e será unha atracción sobresaínte naquelas…

  • O Ribadeo natural

    Onte coido que foi o día da conservación de Ribadeo. Unha nota de O Tesón dando conta dunha comunicación ó concello efectuada xa a semana pasada comezou o tema: a potenciación das vías ciclistas é un asunto pendente no concello cando se tomaron decisións hai tempo que parecía que ían no sentido de potenciar o…