Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • A nova liña eléctrica

    Hoxe recibín dúas notas de prensa sobre o tema, de dous lugares diferentes. Unha delas está colgada nas páxinas do concello. A outra reprodúzoa en baixo. Lendo ambas dun xeito rápido hai cousas que non me concordan, pero terei que deixar o tema para días de máis calma. — PRESENTACION DE ALEGACIONES El pasado lunes,…

  • Se a educación te parece cara, proba coa iñorancia

    Collo como título unha cita atribuída a A. Einstein para deixar no blog unha pequena síntese de onte. Para min o que encheu o día foi a inauguración da XV Feira de ciencia de Ribadeo, polo que pouco máis podo dicir doutras novas. Aistitiu á inauguración o alcalde, a concelleira de cultura e o concelleiro…

  • O Ribadeo que queremos

    Hai tempo que fixen unha entrada co mesmo título, o Ribadeo que queremos, ó que seguiron varios máis co mesmo tema (por exemplo, este ‘Ribadeo que queremos’, ou este outro que tamén queremos de Ribadeo) e hoxe, a conta dos titulares da prensa e as notas do concello, lembro o pouco que se avanzou na…

  • Aldara e fotos

    Onte levei unha sorpresa no teatro. Coido que non vin nunca nunha sesión teatral o Hernán Naval tan cheo. A obra, unha primavera para Aldara, que viña precedida dunha boa crítica, non defraudou, e o televisivo plantel de actrices e actores acolleu espectadores de case tódalas idades, dende 13 anos en diante. O argumento, baseado…

  • Posibilidades de evasión hoxe en Ribadeo

    Esta entrada trata de alternativas para hoxe, en espera da recuperación da crise que din que está a piques de comezar noutros lugares. Non é para a crise en conxunto, senón moito máis modesta, para algunha persoa, para un día. As festas de Vilaselán están en marcha, e vese rir nelas. Hoxe Segue Mariñarte, e…

  • Pesimismo

    Recollo uns cantos datos xa vellos de acó e de acolá: 1.Entre marzo de 2008 e marzo de 2009 o paro pasou de 2,3M a 3,6M, mentras os beneficiarios de prestacións pasaron de 1,6M a 2,7M, agrandándose a brecha de xente sen cobertura dende 0,7M a máis de 1M. O paro ten unha determinada duración,…

  • comezada a publicación de 25 anos de entroido ribadense

    Está posta na web ‘Publicado en Ribadeo‘ o primeiro caderniño correspondente ó libro ‘25 anos de entroido ribadense‘. Esperemos que pronto esteña todo na rede.

  • Oportunidades

    Onte mesmo apuntáballe a un representante do concello da conveniencia, ó meu ver, da existencia de guías no concello que permitira dar un paseo guiado por Ribadeo (como se fai noutros cascos urbanos) e mesmo que permitiran achegarse a lugares fóra do casco, como a zona da Illa Pancha, o Cargadoiro, Santa Cruz ou as…

  • Ribadeo onte

    Deixo tres fotos xa de días pasados sobre tres aspectos dos que dous foron noticia esta mesma semana e o terceiro saíu no blog xa algunha vez. A foto de máis arriba, da r/Alfredo Deaño, é dun amaño da beirarúa. Coido que non levou moito tempo (aínda que cando a estaba a facer alguén me…

  • Comentario censurado en el País a conta dun artigo sobre descargas

    … en realidade, o comentario, correspondente a iste artigo (do que se pode ver a tendencia xa no título, totalmente desenfocado da realidade), foi censurado por partida doble. Dicir que a parte comentada no artigo foi tratada nun dos puntos nun post do blog, mesmo cun comentario externo. Aquí deixo a segunda versión do comentario…