Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Anotación

    Ó pouco de saír de casa xa me entero: un novo corte de luz esta noite. Curto, pero voltando a fastidiar diversos procesos automatizados, por exemplo. A eso das sete da mañá.

  • Unha pequena frase

    Na tele, onte, collida ao voo dunha charla nunha película mala: “Traballo só por cartos” – “Non son os cartos os que me preocupan, senón o ‘só’” En tempo de crise parece todo xustificado polos cartos e só polos cartos, máis aínda que en tempos normais, aínda que o que se chama economía (e en…

  • E onte, pleno ordinario (e III)

    Quedaba onte facendo a exposición de preguntas do PSOE en canto ás dúas versións sobre o libro da ría. No entanto, o concello sacou varias notas de prensa sobre algo do que xa levo dito, o libro sobre a ría e a rehabilitación de vivendas para aluguer en Cabanela, e tamén sobre algo que, se…

  • E onte, pleno ordinario (II)

    (…) O punto terceiro tivo unanimidade, apuntando UPRi que os criterios de selección foran obxectivos e non suxeitos á subxectividade. A ampliación durante un mes do prazo de exposición do regulamento da agrupación de voluntarios non atopou ningún inconvinte. En canto á intervención do concello no trámite do TSXG para ter un xuíz substituto, acordouse…

  • E onte, pleno ordinario (I)

    Esta tempada lévanse varios plenos extraordinarios (lembremos o da concesión de Calvo Sotelo e o de apoio ó sector leiteiro) antes de pasar ó xa tradicionalmente retrasado pleno ordinario, que tivo lugar onte. Nove persoas de público no momento de máxima audiencia e só catro ó final manifestan que excepto temas de interese particular (é…

  • Despois do día de internet

    Si, onte foi tamén o día de internet. Mágoa que non se trate de conectar en galicia ambas celebracións. Coido que conviría ás dúas e a Galicia a traverso da xente que a conformamos. Só isa lembranza, e para ter unha mirada externa, unha entrada noutro blog (que cabería matizar, pero coa que en xeral…

  • Un título desafortunado

        Onte foi festa por partida dobre: un domingo, e 17 de maio. E non publiquei por isa festa, pero non por iso deixei de recibir estímulos para publicar. Hoxe recollo algún.      O primeiro, chocoume que en Ribadeo ninguén se lembrara do cabodano de Hernán Naval (aquí unha ligazón das moitas que ten o…

  • Unha lingua para todos

    UNHA LINGUA PARA TODOS (http://www.realacademiagalega.org/PlainRAG/notices/files/Unha%20lingua%20para%20todos.pdf) Comunicado do Plenario da Real Academia Galega lido na Coruña polo seu Presidente nas vésperas do 17 de maio, Día das Letras Galegas 2009 Diante dos pronunciamentos e as comunicacións públicas que dun tempo a esta parte se están a producir arredor da lingua galega, moi especialmente sobre a súa…

  • Din

    Din que se controla o horario dos locais nouturnos. Hoxe, na Voz de Galicia, aparece a nova do xuízo dunha agresión nos servizos dun pub… ás 9 da mañá. Hai unha petición de cárcere. Pero os pub deben comezar a non servir, nin deixar entrar xente, nin ter música como moito ás 4:30 da mañá.…

  • Ministerio de Obras Públicas

    Alguén se lembra do ‘fondo Zapatero’ para os concellos? Debera estar na palestra o tema, pois estase comezando a executar, e só da para uns meses. O enderezo web para ver as obras chegoume esta mesma mañá de mans dunha amiga: https://ssweb.map.es/infofondolocal/info_ciudadanos/listado_detalles_ciudadanos.php ; alí hai que escoller Galicia, Lugo, Ribadeo, e ver… Suma do importe…