-
Máis aló da fin de semana
Continúa a aparecer na prensa, auspiciada polas notas informativas do concello, información relativa ó bicentenario da batalla de Arante e a recreación feita pola asociación coruñesa. Moito máis desapercibido pasou un torneo que no seu sexto ano levou ó Pepe Barrera a abonda xente, levándose o gato á auga os pequenos ribadenses, a pesares de…
-
Algo relacionado
De cando en cando aínda me chega algún comentario mal encarado sobre os recheos ou a macronave que se pretendía facer en Mirasol. Paso por diante e vexo os montóns co sal? acumulado no último recheo dende hai … seis meses? Non debe chegar aínda, pero non debe faltar moito. Xa mermado na base a…
-
Nota sobre a lectura no blog
Só unha pequena nota: Recibín un comentario sobre o tamaño da letra usada. Non fixen ningun cambio, que me decatara. A letra pódese ampliar mantendo pulsada “Ctrl” e dándolle a “+” e reducir con “Ctrl” e “-“. Espero que con iso se amañe…
-
Despois da batalla
A representación desta fin de semana cos franceses como opoñentes lembroume outras batallas que se libran por Ribadeo. Por exemplo, no parque. As tendas que cada pouco invaden os paseos e as súas beiras. As que deixan maltratada a herba que logo hai que coidar, cando non queda tan mal que hai que remover e…
-
Para unha historia do polígono industrial ribadense
Hoxe descóbrese unha placa polo douscentos cabodano da batalla de Arante (en realidade, xa feitos a finais de xaneiro). Hai regocixo oficial por como está a saír a fin de semana coas novas representacións de batallas e en xeral da época das loitas napoleónicas por parte da asociación napoleónica coruñesa, adicada a facelas. E unha…
-
Operación Lidl: que cadre o círculo (a rotonda)
Hai xa tempo, poñía nun post a nota correspondente á instalación do Lidl, agora xa inaugurado, e engadía ó final que parecía non haber contrapartidas. Este post é unha corrección: si hai contrapartidas, unha rotonda, aínda que non no mesmo sentido que as achacadas cando a instalación do hiper de Eroski (se non lembro mal,…
-
Turismo
O Concello aposta polo turismo: un día despois de que fora presentada a nova campaña anual dirixida a que os asturianos veñan en tren ata aquí a pasar a fin de semana no verán, e dous despois da recepción das bandeiras azuis para Os Castros e Illas, e para As Catedrais, sae a noticia de…
-
No medio da campaña para as europeas: Eleccións ao Parlamento de Galicia 2009
Hai xa algún tempo que pasaron, pero hoxe voltei atoparme cos papeis dos números resultantes. No medio da campaña para as europeas, lembro os resultados numéricos na provincia, na comarca, en Ribadeo e en cada unha das mesas do concello. Asemade, en canto a deputados na provincia: PP, 8; PSdeG-PSOE, 5; BNG, 2. Noutro formato…
-
Actividades para hoxe
Volta ciclista ás comarcas de Lugo. Representación (toda a fin de semana) sobre a invasión francesa de hai douscentos anos. O mar mirado, primeira das exposicións de ‘A memoria do mar’, está na OMIC de Ribadeo (as outras son “Do areal ao peirao” e “Con pés no mar”). Proxecto de dixitalización de fotos familiares do…
-
Conflito leiteiro: media solución
Comezou a ser recollida xa a leite das gandeirías “Ganadería Cid” e “Veigueiro Sociedad Cooperativa Galega” por parte de Leite Celta. Unha victoria? Esta mesma semana vin unha reportaxe na que o leite era pagado a un gandeiro en Francia a 19cent/L, mentras que aquí a están recollendo a 16cent/L. É dicir, en Francia págana…