Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Nota de prensa sobre o Galego

    Adxunto unha nota de prensa da Asociación de Ensinantes de Ciencias de Galicia: O GALEGO E O ENSINO DA CIENCIA A Xunta Directiva da Asociación de Ensinantes de Ciencias de Galicia (ENCIGA), que está presente no eido da educación secundaria dende hai máis de vinte anos e que conta con case un milleiro de profesores…

  • Ligados a Ribadeo

    Vía un blog diverso, remato de lembrar un sitio que xa atopara e outro novo: o primeiro, sobre a rede galega de espazos protexidos, incluíndo o LIC das Catedrais ou a chamada alí ‘Ría do Eo’ (si, en Galicia, referíndose á Ría de Ribadeo), e o segundo, unha táboa de mareas de Lugo, con diversos…

  • Internet, de novo libre (polo momento) en Francia

    Coido que a ‘fulminación’ da lei Hadopi (que permitía cortar internet ós franceses que usaran as redes p2p) é unha boa nova apra as redes. Aquí, a nova e unha relación de ligazóns.

  • Un aviso recibido dunha reivindicación

  • De dous a doce

    A semana pasada, dous cidadáns. Ista, doce. E mañá, nova xuntanza. Pouco a pouco vai tomando xeito unha nova comisión de festas, sen débedas previas, pero con moitas dúbidas cara ó futuro e a comparación desfavorable co produto-festas que teñen outras vilas próximas. A foto, unha festa doutro tipo, a que representan os grafiteiros á…

  • Un novo libro de Eva Moreda

    O sábado tivo lugar a presentación do último libro de Eva Moreda, “O país das bestas”, libro consecuencia dunha idea que foi finalista no premio Biblos-Pazos de Galicia no 2005, pero que tardou en ser rematado, por mor dos compromisos da autora. Foi acompañada na Casa das Letras ribadense polo editor de Biblos, quen fixo…

  • Máis sobre o blog

    Pouco a pouco un vai collendo máis control sobre o que vai manexando. Iste é o caso tamén do blog e o seu tamaño de letra… Teiña sospeitas pero hoxe confirmeino, que os cambios no tamaño de letra que houbo últimamente eran debidos ás táboas. E, si, sóno… pero agora hai que voltar a artellar…

  • Os muiños de vento en Ribadeo

    Remato de deixar en ‘publicado en Ribadeo‘ a derradira publicación polo momento en Ribadeo, ‘Os muiños de vento en Ribadeo‘.

  • Curioso ou algo máis?

    Unha entrada titulada ‘canto gañan os partidos políticos co teu voto‘, algo que sae á palestra cada certo tempo, pero cada vez menos. E que é cada vez máis interesante. Ribadeo, como punto no mapa, non se pode desgaxar aquí do resto… contribúe co seu gran de area e punto.

  • Sobre telefonía móbil e Ribadeo

    Hai varios días, nun post, comentaba a sentenza dada a coñecer polo concello a traverso dunha nota de prensa, sobre o pago das compañías ó concello por antenas de telefonía móbil. Onte atopeime outra sentenza algo contraditoria coa anterior, e que previsiblemente enturbiará o futuro recurso que presenten as compañías.