-
15 de xullo
Xa temos o resume do concello (a nota de prensa da alcaldía) sobre o pleno do luns. Mentras, esperamos a Transgascogne, as duchas dos bloques xa están postas, acompañando ás de rocas brancas, o 25 de xullo hai percebada en Rinlo, hoxe recala en Ribadeo o congreso sobre Antonio Raimundo Ibáñez, … sen esquecer, a…
-
Pleno no pleno
Onte, 13 de xullo de 2009, tocou pleno. Ireino referindo pouco a pouco, así que quen quera unha entrega xa, pode mirar o blog “Vida socio-política en Ribadeo“, onde está referido. Polo pronto, dicir que os orzamentos foron aprobados (4 a favor do BNG, 7 abstencións de PP e PSOE, e 2 en contra de…
-
A igrexa terá que baixar o ruído…
en Xaén. Como se ve na nova, aínda será discutido: estánse a recoller sinaturas para que as campás sigan a tocar a todo trapo.
-
Un tema de cartos
Hai tempo O tesón preguntou primeiro en xeral sobre pago á SGAE e logo, sobre o pago este ano. As contestacións foron 30 000€ por un período abranguendo boa parte do que levamos do século, e nin idea. É dicir, non se sabe o que se vai pagar á SGAE este ano ó non querer…
-
Hoxe son nova os orzamentos
… que se votarán esta tarde. Sábese o que poñen as noticias, que foi forzada unha reducción … e para de contar. Coñécense? non. Está asegurada a súa aprobación? Polo que pon a prensa, non? Tiveron participación os veciños? non. Poden ser bos? pode… como non se sabe… Coido que é interesante ver tanto as…
-
Festival
Coido que o festival contra o cancro merece unha referencia, alomenos para lembrar ós colaboradores. Entradas, 2/3 do Hernán Naval, e risas e diversións para todos os asistentes.
-
É a irrigación boa?
Hai veces que nos preguntamos cousas que parecen contra natura. Como vai ser a irrigación mala? as terras irrigadas producen máis cantidade de vexetación, mellores resultados económicos… Todo parece bo, verdade? Algúns proxectos con bondades semellantes propóñense para diversos lugares, mesmo para a ría de Ribadeo. Pero … hai que ollar algo máis aló. Aí…
-
Novas do máis aló (cibernético)
Polo que coido é a súa importancia, fágome eco dun comunicado de Ciberirmandade da fala de hoxe mesmo (engadíndolle algunha ligazón, se ben non chegan á calidade das que xa traía o escrito): A Xunta ameaza con desmantelar Mancomún No web da CiberIrmandade. Acaba de ser publicada a folla de ruta tecnolóxica da Xunta do…
-
A protección da paisaxe
Onte, ó pasar por enésima volta por diante do muro da foto, ver o seu emparedamento entre o ceo e o asfalto e o acompañamento do lateral dos edificios veciños, decidín tomar a foto. O revestimento mural de cartelería, nun lugar estratéxico de paso ós institutos, é renovado periódicamente, acadando sucesivamente máis e máis extensión.…
-
O uso da casa da ría
Parece que de novo se pon en marcha a Casa da ría. Aparece hoxe como nota de prensa do concello, a realización de diversas actividades. Do mesmo xeito, onte, en principio despois de dar orde de vixiancia máis estreita das catro calles, había alomenos catro persoas entre indixentes, músicos, mimos, etc, na zona. Hoxe? A…