-
Medindo o tempo
En agosto o tempo máis ben se deixa escapar que se mide. Non obstante, o concello e a Universidade de Santiago pretenden nos próximos días un cursiño para a construcción de reloxios de Sol. Recollo da web do concello: AS ACTIVIDADES COMENZAN O 7 DE AGOSTO Reloxos de sol e astronomía na Casa da Ría…
-
Da Xira, o pregón
Á espera de que me pasen a foto, o pregoeiro da xira 2009, Xosé Carlos Rodríguez Rañón, xa puxo a disposición de todos o pregón en ‘Publicado en Ribadeo‘
-
Escavación das Grobas. Conferencia de Emilio Ramil
O Venres foi a conferencia das Xornadas de Historia Local sobre a escavación das Grobas. Como dixo cousas que non saíron antes no blog (tamén outras que si o fixeron), queda aquí un pequeno resume desestruturado dalgunha das cousas ditas: As terras do Castro están en man común, o que é unha facilidade para a…
-
Algúns días pola mañá…
…alǵuns se despertan como se estiveran na lúa. Nótase especialmente en días significados, onde as resacas abondan. Un descobrir de novo a Terra, pero moi diferente, foi o que lle pasou ás misións Apolo. Un día significado, o de Nadal de 1968 foi tomada a foto onde se ve unha Terra azul por riba da…
-
Xira
Escoitando na rúa as gaitas, leo na prensa os premios do festival On/Off, mentras as rúas están repletas e en Santa Cruz acumúlase a xente para a xira presentada onte, nun discurso non ó uso que espero meter en breve no blog. Entre outras cousas, falou de que xira non viña de xirar (xa se…
-
Galego e castelán no ensino
Saíron os resultados da consulta sobre o galego (e o castelán) no ensino. Coido que xa falei abondo do tema outras veces. Agora non o vou facer, aínda que me sorprenderon algúns dos titulares de prensa que publicitan o resultado e, ó tempo, o desvirtúan.
-
A voltas co deporte
Dicía alguén (e é o título dunha película visible) que as bicicletas son para o verán. O deporte en xeral. Por iso aumentan os deportistas estivais fronte ós invernais, e por iso o próximo fin de semana é o Trofeo Emma Cuervo, e por iso está xa dispoñible o apuntarse para a carreira de Santa…
-
1º de agosto, turismo
Deixando polo momento outras entradas pendentes, paso a poñer unha pequena ilustración da oficina de turismo hoxe. En primeiro lugar, o libro de sinaturas contra a violencia de xénero, no que esta mañá, despois de dous días da xuntanza no salón de plenos, había exactamente 45 sinaturas contando a miña, de 1800 ocos que hai.…
-
Mareas
Atópome con que xa saiu o novo número de ‘Cosco Express’, o nº 5, jul/ago 09, e nel un artigo referido a unha investigación feita por alumnos meus. Deixo o artigo en ‘Física e Química en Ribadeo‘, e botarei unha ollada máis ó número, que coido que hai algunha cousa máis que me aproveitará.
-
Chegou agosto
Si, xa sei que cando esto escribo aínda faltan unhas cantas horas para que oficialmente entre o mes na península, e que cando se lea, é posible que sexa máis que evidente que chegou, mesmo nalgún caso, que pasou. Tampouco me estou a referir a signos como o balbordo de anoite no local de enfronte,…