-
Queres barullo? En Ribadeo háino
Un día calquera pódense atopar nos xornais diversas novas sobre Ribadeo. Algunha será claramente positiva, como que se amosaran ós alumnos ribadenses de medias diversos aspectos e características das rías por parte do instituto oceanográfico, desenvoltando a toma de mostras e unha imaxe da investigación correspondente, nun proceso que parece moi satisfactorio. Algunha outra soe…
-
Fotos do Ribadeo antigo
Pasáronme onte máis fotos do Ribadeo antigo. Preparei unha pequena presentación e colgueinas, co que pódese ver, xunto coas que xa estaban, en ‘Publicado en Ribadeo‘.
-
Secuenza de estibaxe en Ribadeo: un minuto
No vídeo adxunto, cousa de 1 minuto 10 segundos. Na estibaxe seguinte cronometrei 62 s, e hai que ter en conta que co sistema actual, no cambio de camión parece producirse un lixeiro retraso para o paquete seguinte. Hai case un ano cargaba este outro vídeo: Nel pode verse que coa outra grúa a secuenza…
-
Plan E ando Ribadeo e a Mariña
Agasallo do goberno? Non, distribución diferente de cartos de todos, e endebedamento xeral para poder facer isa redistribución. Non nos enganemos co Plan E nin co ‘novo’ Plan E, ou ampliación do plan. Ambos son presentados como unha especie de agasallo, pero non. Que quede claro. A Ribadeo correspóndenlle segundo os baremos usados 1 065…
-
Úneste?
Unha ligazón para mirar e xulgar a postura: http://televisionmanipulacion.blogaliza.org/campana/
-
Xa temos zona bookcrossing
Rematou a presentación da zona bookcrossing na oficina de turismo de Ribadeo. Ó final, foron preto de setenta os libros liberados, que se verán aumentados cada semana alomenos ata o próximo ano. Ademais, as verbas de presentación resultaron asemade de orientación dos presentes, prolongando despois a charla e comezando alí mesmo a participación na reixa…
-
Por fin, Bookcrossing en Ribadeo
Dende hai tempo véñolle dando voltas a poñer en marcha un sitio de liberación e cruce de libros en Ribadeo. Como soe dicirse, chegou o momento. Hoxe mércores ás oito da tarde haberá un pequeno acto de presentación da iniciativa, encadrada dentro do movemento bookcrossing a nivel mundial (a información na web pode atoparse a…
-
Os funcionarios diferentes
Por indicacións dun amigo procuro unha nova desta fin de semana que non vira. Trata sobre unha sentenza xudicial que obriga á revisión do convenio dos funcionarios veigueños. Nada raro. Unha sentenza máis, neste caso desfavorable ó concello. Aclaremos: desfavorable ó equipo de goberno, que concello tamén son os reclamantes. Non obstante, resulta curiosa a…
-
A cultura municipal ribadense no outono
Remato de recibir a ‘Asxenda cultural’ do concello correspondente ó que resta de ano. E así a poño, lembrando que as imaxes pódense ampliar premendo co rato sobre elas. Coido que ten algún erro, pero pequeno, e como non o podo comprobar agora, así queda.
-
Paseando polo porto de Mirasol sobre a ría de Ribadeo
A contínua atención á verxa do porto de Mirasol que está a ter Portos de Galicia non deixa traslocer cando será o día no que a verxa se peche, estando xa preparada. Pode que non o esteña para os patróns que rexen istas cousas, pero aparentemente hai xa algún tempo que podería pecharse en calquera…