Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Ribadeo en Google Street View

    Vin no blog de Marsop a nova de que Ribadeo está visible no ‘google Street view’; alí aparece xa unha primeira vista para activar dende a Ponte dos Santos. Coido que a máis dun lle gustará darse un paseo virtual.

  • Estudo da contribución do multilingüismo á creatividade. Informe científico publicado pola Comisión Europea en outubro de 2009

    Coido que pode ser interesante, aínda que a redacción, o inglés, etc, boten a un para atrás. de Calquera xeito, un impuso máis ás linguas en xeral, tamén ó galego. http://eacea.ec.europa.eu/llp/studies/documents/study_on_the_contribution_of_multilingualism_to_creativity/compendium_part_1_en.pdf Un pequeno resume en traslación rápida da páxina web introdutoria: The Contribution of Multilingualism to Creativity – Science Report published by the European Commission,…

  • Rocambole

    Rocambole é a base que deu nacemento a rocambolesco. E é unha ficción. Do mesmo xeito poderiamos tirar da imaxinación e comezar a poñer palabras a cousas que están a suceder en Ribadeo e na zona (algunha, aínda que tratada para Ribadeo, en realidade abrangue moito máis aló). Hai moitas, e como mostra, algunhas: O…

  • Área sanitaria, si, está asegurada

    Aparece hoxe na prensa a convocatoria para mañá, día 20, ás oito e media da tarde, dunha xuntanza de explicación sobre a área sanitaria, promovida pola Plataforma constituída ó efecto. De calquera xeito, a plataforma tivo xa unha victoria, a aclaración por escrito (val dicir, cun documento co que despois se poden pedir responsabilidades en…

  • Un xulgado para Ribadeo

    Máis de 40 anos. Iso é o que leva Ribadeo dende que unha xeración enteira estudaban na escola, cantando ‘de carrerilla’, os partidos xudiciais da provincia: “Lugo, Becerreá, Chantada, Fonsagrada, Mondoñedo, Monforte, Quiroga, Ribadeo, Sarria, Villalba y Vivero”, así, en castelán, pero incluíndo a Ribadeo. Hoxe xa non se canta, pero tampouco se cantaría ‘Ribadeo’.…

  • A Sociedade Xeral de Autores e Editores

    Hai uns días a alcaldía protestou polo cobro da SGAE, ‘máis de 2 500 €’. A sgae contestou dicindo que é pouco. Lémbrome dun caso dunha sociedade equivalente no extranxeiro que saiu non hai moito nos medios: Concerto benéfico de músico famoso. Doazón dos dereitos pola súa parte. Si, pero… houbo que pagar os dereitos…

  • Informe sobre a sentenza en contra da piscifactoría de Rinlo

        25 persoas acudiron o sábado a unha pequena explicación de Adega sobre a sentenza xudicial en relación coa posibilidade dunha piscifactoría de Acuinor en Meirengos (comunmente dito Rinlo, pero non). Mentres segue a lagoa Cascos presente como furado conmemorativo, tamén a prensa se fai eco da reclamación de Acuinor á Xunta: 8,2M€. Algo que,…

  • Música por Santa Cilla en Ribadeo

    Mércores Na casa do mar, ás 20.30 horas, concerto de Santa Cilla a cargo da EMMDR. Sábado Para celebrar tamén o día de santa Cilla concerto da BMMR ás 20.30 horas no auditorio Hernán Naval

  • Plan E ando Ribadeo

    Medio mes despois do anumcio do novo Plan E e o que lle afectaba a Ribadeo, as obras, poi a iso se enfoca e diso se fala, descoñécense. Non obstante, os obxectivos do plan non parecían ser ises. E, mentras, as rúas que se ‘transformaron, modificaron, humanizaron, …’ seguen en calquera caso sen carril bici,…

  • De novo, BeGaSA/E-on

    Coido que aínda non están esquecidas as consecuencicias do Klaus, nin amañadas as deficiencias anteriores (lembradas aquí e referidas aquí, ou aquí, ou aquí, …) por non referirma ós conflitos sobre a liña de alta prevista e ameazada, por exemplo. Pero xa están entre nós os cortes deste inverno, e non só os referidos xa…