Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.424 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Hoxe, a competencia

    Estamos en Semana Santa. Despois do Domingo de Ramos, onte foi o Viarucis, a conmemoración de Jesús camiño do Calvario. Con vento frío e unha lua case chea visible despois de varios anos sen deixala ver as nubes, desenrolouse polas rúas céntricas de Ribadeo, con 10 cruces. O viacrucis ten 14 estacións, simbolizadas por 14…

  • Derrumbe

    Os derrumbes estánse afacendo a Ribadeo. Onte o mesmo alcalde presenciou un no que se espera futuro albergue de peregrinos. Eiquí a nota de prensa da alcaldía.

  • Ranón

    Hai un par de días na Voz facían unha nova de que o aeroporto asturiano fora o aeroporto da Mariña. para Ribadeo, salvo cousa de dispoñibilidade de vós, hai tempo que o é (aínda cando non había ningún tramo de autovía para acó de Avilés, era menor e máis curto o desprazamento), e polo momento,…

  • Manifestándose

    A entrada tiña outro nome, pero un fallo retrasou a súa publicación ata agora e o texto perdeuse; o de agora será diferente. O caso é que quería poñer de manifesto o éxito dunha manifestación en Vigo contra a proposta de privatización da xestión do novo hospital. O caso garda certas semellanzas con outros lugares…

  • Mariñarte

    Onte non puiden asistir á inauguración de Mariñarte. Houbo difusión a prensa e na circular de Cultura, por onde tamén chegaron as convocatorias apra diversas actividades para esta semana Santa, que complementa a oferta dos actos propiamente eclesiásticos. Deixo a continuación a exhoratación da concelleira de cultura que viña coa invitación: “MARIÑARTE chega este ano…

  • 10 días de marzo

    Segundo me enterei, son 10 días o tempo que leva o Director da Escola Municipal de Música de baixa. Xusto dende o día despois de que no pleno se preguntara polo tema da querencia de Amadores doutro director para a banda. Hoxe sábado, ensaio da banda co director en funcións dende mediados do pasado ano.…

  • Portos

    A confrontación Ribadeo / Eo-Navia segue medrando. Onte daba conta do mercado dos mércores en Castropol. Hoxe na prensa volve a sair o enfrontamento polo embarque da pasta, no que unha vez máis nótase ás claras que quen leva a pauta son os políticos relacionados con Santiago ou Oviedo, contemporizando ou metendo cizaña, pero deixando…

  • Leite ‘galego’ (II)

    A comezos de mes introducía no blog unha entrada co mesmo título, “Leite ‘galego’ “. E onte atopaba na Voz un dato, a importación anual de leite en Galicia correspondente ó pasado ano: 145 000 toneladas, isto é, redondeando, 150 millóns de litros ou máis de 50 litros por cada galego e galega, adulto ou…

  • 11 Mércores ás 11

    Tiña ganas e coincidiu. Pouco antes das 11 da mañá, onte, pasei por Castropol e vin o mercado que alí teñen montado. Non estaba sinalado, pero case era dado de antemán onde se podía situar. Extendíase pola rúa do Campo e o Parque de Vicente Loriente. 11 postos en total e, alomenos no tempo que…

  • A Galipedia en código cero

    Para máis info: http://www.codigocero.com/spip.php?page=recherche&recherche=galipedia A última nova en papel (pdf, p.16)