-
Os cans de Ribadeo
Remata de facerse público un bando sobre as obrigas dos propietarios de cans en relación ás deposicións na vía pública dos animais compañía. En relación co tema, lembrei un posto de aviso en Porto ó que hai algún tempo lle fixen unha foto, que adxunto. No seu momento, chamoume a atención o lema no seu…
-
Xogos de guerra
As novas moitas veces son esaxeradas para procurar titulares ou determinada reacción. Atopámonos con elas a diario, e normalmente descontamos xa o efecto por anticipado. Non sempre ocorre así, nin moito menos. Nin no desconto do efecto, nin na esaxeración dos titulares. É máis, ás veces quédanse moi cortos por unha ou outra razón. Onte…
-
Fiscal de medio ambiente
Denuncia unha “sensación de impunidade e corrupción mantida e histórica” e culpa a “uns poucos empresarios sen escrúpulos”, á “convivencia dalgúns concellos” e a unha xestión “cuestionable e descoidada” por parte da Administración autónoma. … pódese ver na páxina 7 do ‘El País de los estudiantes’, de 8/3/2010… sobre a perforación de pozos no Parque…
-
Felices vacacións
Así comezaba o correo no que recibín as fotos que adxunto (entre outras moitas do mesmo sitio que me enviou Pancho Campos) da destrucción da Mámoa das Pallaregas. O tema é unha limpeza que permite ver como está a zona, citando ó autor do envío, “na que se ve un montículo común con outras protuberancias…
-
Informes sobre o ruido a nivel Galicia e queixas en Ribadeo
Este fin de semana foi recollido pola prensa o informe do valedor do pobo correspondente a 2009 (1, 2 e o propio informe do valedor en particular nos apartados que comezan nas súas páxinas 99, 112, 117 ou 125) de xeito que saen a relocer os temas de ruído e botellón. En Ribadeo (atendido polo…
-
Pasou a Semana Santa
Pasou a Semana Santa, as procesións, pero de seguro seguirá algunha cousa relacionada. Por suposto, a relación da igrexa con diversos temas, pero tamén en Ribadeo, onde o tema do aparcamento comeza a resultar recurrente para algún partido. A asistencia de xente, seguindo a aquelo de que cada quen fala da feira segundo como lle…
-
Antiga e Barbuda e Ribadeo
Pouca relación se pode atopar entre Antiga e Barbuda e Ribadeo. Non sabía de ningunha ata este martes, no que vin que un dos buques cargando pasta de papel no porto tiña a súa bandeira. Unha bandeira dun país considerado como paraíso fiscal nun mundo cosmopolita.
-
En relación ós emigrantes
Relendo partes dun libro que vai para catro anos, atopo algo que aínda serve para cavilar moito hoxe. “(…) teño visto os emigrantes, famentos, pálidos, tristes, esconsolados, coas mans callosas de tanto traballo … que xa sabedes que desta terra fuxen os que traballan, pero non os zamezugas da política que teñen as mans suaves…
-
Sobre a xustiza, ligazón a un artigo
Chamoume a atención un artigo con varios videos sobre a xustiza, no que destacar diversas frases. Por exemplo, falando sobre a limitación da xustiza universal en España (feita hai pouco): “O verdadeiro detonante do cambio foi a presión china. Foi a máis convincente de todas porque dependía que Telefónica pasara a ser a segunda operadora…
-
31 de marzo, data límite
Hai uns meses saltou á vida unha nova: ou o alcalde repoñía a legalidade da altura dun edificio na r/ Irmáns Ulloa antes de finais de marzo ou pasaba a aboar 1 300 €/mes. Dende aquela houbo un axuste na sentencia, a pregunta do propio alcalde: non se trata só de tirar a altura, pois…
