Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.424 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Axenda cultural do trimestre

    Xa sabedes, premer para ampliar…

  • E van tres propietarios … en 5 anos

    A prensa segue a falar da ‘mina de ouro de Tapia‘ para referirse ós lagos de Salave onde si, estaba pretendida unha mina de ouro despois de séculos de inactividade mineira. Despois de conseguir unha negativa do Principado a unha explotación mineira totalmente invasiva, pero sen lograr unha protección ambiental da zona, un novo cambio…

  • Portos en Ribadeo

    Aparecía onte a nova de que a reconstrucción das naves do porto está próxima. A necesidade de facer algo é evidente para quen pase á beira. E, nun porto dinámico, o lóxico é unha construcción. Reconstrucción segundo parece neste caso, á que se adicarán 549 000 €, que ademáis servirán para unha nova nave duns…

  • Unha obra de 1M€

    Hai xa uns días que via a páxina web do concello se pode ver o prego de condicións para a realización da travesía ribadense, o tramo cedido por fomento. Xa está fóra de prazo para presentación de documentación (26 días que remataron antes de velo eu na web do concello), despois de axuste e tratamento…

  • XVI Feira da Ciencia

    Hoxe será inaugurada ás seis da tarde a XVI Feira da Ciencia de Ribadeo no IES Porta da Auga. Desenvoltarase ata venres ó mediodía, con entrada pública e gratuíta. Están concertadas visitas de centros educativos. Máis información en As feiras de ciencia na Galiza ou na web do IES Porta da Auga.

  • Procesión en Vilaselán

        As festas da Virxen en Vilaselán acadaron esta fin de semana o punto clave do 2010.     Novas como esta daban o punto de actividades, e o apartar o campo da festa da beira da igrexa, de paso que alonxaba a gallaroufa do núcleo máis próximo de Vilaselán, tamén permitiía recibir a más festeiros,…

  • 20 000 funcionarios

    Ás veces, é necesario reconvertir as cifras para facerse unha idea. Iso pasoume hoxe cunha nova en Público, que non di nada novo, senón que aglutina e cifra en 48 M€ os cartos públicos ‘trasvasados’ polo PP na trama Gürtel. Pódese pasar a pesetas, por exemplo, pero os cidadáns que vivimos dun soldo ou os…

  • Wikiencontro en Galicia

    Só unha ligazón para quen queira seguir a vida da wikipedia na nosa terra: http://wikimedia-es.blogspot.com/2010/04/wikiencuentro-en-galicia.html

  • 13/55

    Esa é a relación actual: 13 fronte a 55. Refírome ás parcelas pedidas no polígono despois do primeiro prazo, o que estaba publicitado como máis ventaxoso, fronte ó total de aprcelas dispoñibles. Lévase dicindo moito tempo que en Galicia falta solo industrial. Aquí haino. E polo que parece a non moi mal prezo e axudas…

  • Responsabilidades

    Segundo a prensa de onte, o fiscal imputa por prevaricación ó Director Xeral de calidade Ambiental da época en que foi aprobado o plan correspondente á piscifactoría que se pretendía facer en Meirengos. Hai que lembrar que o tema da piscifactoría xa pasou polo xulgado a conto da responsabilidade de Adega no paro dos traballos,…