Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.424 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Mirando cara fóra: as multas dúctis

    Comeza (quizáis máis ben continúa) a ser frecuente que aparezan novas nas que un sector produtivo pide menos severidade na aplicación da lei para o seu beneficio. O último caso na viciñanza é o de Navia, hoxe nova porque o comercio critica á policía local polo celo nas multas. O motivo da queixa ó fin…

  • Concerto en Burela

    Pásanme un aviso de música que interesará a abonda xente: Tras varios anos de vida e sobre todo, unha gran madurez musical, a Burela Blues Band ofrecerá o próximo venres 23 de Abril ás 21:30 o concierto do 5º Cabodano da súa fundación en Xaneiro de 2005. O evento, un traballo que comenzou en verán…

  • Vía preferente

    Despois de que o ex alcalde de Ribadeo fora quen levara á radio un documento acusatorio da AVV Atalaia contra min e O Tesón, acusados de información privilexiada por poñer no blog o que viña na prensa, a cousa non para. A pasada semana o Subdelegado do Goberno en Lugo facía unha visita a Ribadeo…

  • Plans e información

    En Ribadeo hai censadas unhas 10 000 persoas, das que son maiores de idade unhas 8 000. Canta xente sabe que é o POL en Ribadeo? E canta lle botou unha ollada? Quen lembra a estas alturas que o PXOM está en trámite de revisión de alegacións? Coido que máis ou menos todo o mundo…

  • Memoria dos oficios de Ribadeo

    O próximo xoves 22, ás 19:30, con entrada libre, terá lugar no auditorio Hernán Naval de Ribadeo a presentación da ‘Memoria dos oficios’: catro vidas, catro oficios ribadenses. Os oficios do mar, un ebanista, unha modista e un xastre, nunha montaxe audiovisual. A nota recibida mércores 21 de abril: O Centro de Modernización e Inclusión…

  • Non só o leite

    O problema do leite a nivel Galicia segue sen resolverse dende hai tempo, por non dicir que segue empeorando. pero non é único, nin polo nivel, nin poloproduto. ‘Un mundo sen transnacionais’ (Público 17/4/2010, p.9) pode dar unha visión un pouco máis ampla, sen a perspectiva galega, ganando en xeralidade aínda que se perda un…

  • Unha cita de Cicerón

    Atópome unha cita de Cicerón (aquí, citas) no ‘Público‘: A lei suprema é o ben do pobo. O malo é que pretenden existir ‘lexisladores supremos’ que interpretan o ben do pobo ó seu xeito, e atopámonos con dictadores e corruptos.

  • Actividades con éxito

    Onte sábado tivo lugar parte dun segundo pulo de actividades concertadas entre o Concello e o CCA. Os pintores na rúa soaban a curiosidade, e había xente que se paraba con eles, en particular se eran de Ribadeo. Asemade, no frontal do B. Popular tivo lugar un concerto, esta vez de diversas agrupacións da escola…

  • De urbanismo, nas proximidades

    Na imaxe, un cachiño de ‘Costa Barreiros’ en vista do sigpac. Un par de días despois de ver a entrada de Vida Político-Social sobre urbanismo en Barreiros, e apreciar en diversos medios unha derivación da polémica das autorizacións das construccións no concello viciño (aquí ou aquí se consideramos só ‘El País’ de antonte), coido que…

  • De obras

    Estes días as novas en Ribadeo van de obras. Comezou a visita ó Cuartel do Subdelegado do Goberno para supervisar as obras realizadas, visita que sae contestada na prensa de hoxe pola Unión de G.C., aludindo a diversos problemas que teñen. Despois foi o amaño do tramo da N-642 ata Porto (ata a glorieta que…