Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.313 posts
29 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Arqueoloxía na ría de Ribadeo

    Bastou unha nota de prensa do concello sobre restos arqueolóxicos na ría de ribadeo para que xurdira outro ataque preventivo dende a parte asturiana. Estamos xa afeitos a enfrontamentos deste tipo, nos que se prodigapor parte das autoridades do Principado aquelo de ‘galegos e asturianos, primos hermanos’, enfatizando coas verbas inicial e final que nós…

  • En código cero, en relación á Galipedia

    Wikipedistas galegos e españois xúntanse en Santiago para impulsar o capítulo estatal da Wikimedia A revista completa en pdf

  • O regulamento do hospital-asilo

    A raíz dunha nova de prensa, deixo a ligazón á alegación presentada polo Tesón, así como ó regulamento do hospital asilo aínda vixente e ó comentario do pleno no que se fixo unha variación inicial (xaneiro). Nun pobo con taxa de emigración alta, coido que era convinte o facer unha variación ó regulamento que marca…

  • Non sexan tontos

    Non sexan tontos, aprendan a informarse;non se deixen enganar, lean rápido este libro e poñan en práctica a súa recomendación principal: “desconfiar das verdades indiscutibles”, contrastar toda a información, procurar información alternativa á dos grandes medios, e ser “conscientes de que a complexidade do que sucede no mundo nunca poderá simplificarse mediante mensaxes periodísticas submetidas…

  • Extensión á Veiga

    Esperei a ver se se daba a nova noutros lugares na prensa. O tempo vai pasando e parece que só se fixo na COPE, alomenos de forma escrita a traverso do blog: os municipais da Veiga cobrarán horas extras para controlar o ruído dun local nouturno. Polo momento, din que o concello leva desembolsados 3…

  • Bandera Católica

    Están colgadas en Publicado en Ribadeo as dúas primeiras páxinas (polo momento, só) do exemplar do quincenal ‘Bandera Católica’ de data 1 de setembro de 1916. Que ten de particular? Varias cousas. En principio, a primeira imaxe da Torre dos Moreno da que se ten noticia, con dous artigos correspondendo con ela, un laudatorio e…

  • Wikileaks

    A conto dunha lectura nunha revista, voltei a entrar en contacto con wikileaks (aquí para unha descrición en castelán) ,web que fai pública información diversa de tipo confidencial, é dicir, información que precisamente se pretende ocultar,por gobernos ou grupos, ós pobos afectados. O seu tamaño actual, medrando rápidamente, pasa longo do millón de arquivos. Nunha…

  • Consolidación musical

    Dende hai tempo, Ribadeo é un pobo con moita relación coa música. Esta relación de hai tempo ten pasado diversos avatares. Está documentada no período de Carlos Cid, a raíz do libro “Cincuenta años de música en Ribadeo: biografía musical de Carlos Álvarez y Fernández-Cid“, realizado por Carlos Álvarez Lebredo, pero nin o período anterior…

  • Mellor cidade, mellor vida

    A nova exposición universal, en Xanghai, ten ese lema. Abriu onte, na festa do traballo, cun simbolismo de que unha mellor cidade, unha vida mellor, require traballo, ou converter o traballo nunha festa. Por ribadeo, polo momento, o traballo non é unha festa, senón máis ben unha festa a celebrar, o que se traballe. De…

  • 2 de maio

    Por estes lares, o encadeamento de 1 de maio – festa do traballo, e 2 de maio – fusilamento de xente do pobo por parte dos franceses en 1808, non parece encaixar nada ben. Despois dun pequeno descanso onte, deixo unha ligazón onde o básico é unha frase: ‘somos gilipollas e sábeno‘. Está referido ó…