Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.424 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Orzamento, non. Presuposto, tampouco

        Coido que o título é o resume do pleno de onte. 12 persoas asistiron a un pleno no que faltou Begoña (PP) e coido sobraron moitas palabras. Os desacordos foron máis aló de que uns e outros usaran diferentes verbas para referirse ó mesmo, a previsión das contas para o ano, que non se…

  • Pleno sobre o orzamento

        Días atrás o concello sacou unha nota sobre un pleno extraordinario, o de hoxe. Non é de extrañar, pois vaílle moito: é o pleno dos orzamentos xerais do concello, o que rexerá os gastos para este ano. É de supor que un orzamento nun momento complicado como este, cando chega ó pleno terá un…

  • Sobre os dereitos, igualdade e felicidade

    Hai un par de semanas podía lerse nun titular de prensa: ‘As desigualdades perxudican á felicidade‘. Non é ningunha novidade, pois periodicamente estudos e novas veñen a confirmalo: as sociedades máis igualitarias e participativas tenden acadar maiores índices de felicidade, medida por diversos parámetros. De feito, o Premio Nobel de economía Amartya Sen, a quen…

  • Arredor da medianoite, de Hernán Naval

    Paso unha ligazón a ‘lonxe do mar’, o blog de Fernando, que arredor do cabodano de Hernán soe ter entradas que me gustan. A deste ano tamén, cunha poesía del e un escaneado dunha partitura.

  • Rematando coas letras

    Rematando o día das letras, ocórreseme que saíu moita xente fóra. A Santiago, por exemplo, a unha manifestación a favor da continuidade do galego. A Oviedo, de compras. A outros moitos lugares. Onde habería máis xente, no lonxano Santiago (175 km) ou no achegado Oviedo (132 km)? Á beira, a postal conmemorativa das letras galegas,…

  • De Uxío a Gamallo (e viceversa), con lembranza de Hernán

    A colección de documentos de Gamallo segue dando froito. No IES Dionisio Gamallo Fierros abriuse venres unha exposición que relaciona ó titular con Uxío Novoneyra, o autor escollido para a celebración deste ano. Unha exposición que estará aberta toa a semana que ven en horario de apertura do centro, que inclúe ata a noite debido…

  • Concerto das letras galegas 2010

    No cartel á beira, con Uxío Novoneyra e Ribadeo ó fondo, está explicado: o concerto das letras galegas este ano non é no día das letras, senón o anterior. O cabodano do pasamento de Hernán. Abaixo, o cartel cedido por Amadores.

  • Libro da Semana Santa 2007

    Hoxe deixei colgado en Publicado en Ribadeo o libro da semana Santa 2007.

  • Nota de prensa de O Tesón: denuncia ó ‘La Nueva España’

    AVV O Tesón Nota de Prensa Denuncia contra ‘La Nueva España’ Tras decisión da directiva da asociación de veciños O Tesón, no día de onte, xoves 13 de maio, o Presidente da mesma ten presentado denuncia contra o diario ‘La Nueva España’. O motivo da denuncia é, despois de longos anos de ter usado dito…

  • Regularizando situacións

    Dende hai agora un ano viña coleando unha situación inusual na dirección da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo. A finalización hai pouco tempo do expediente levantado a Lourenço Cruz desembocou onte en que fora despedido. Queda unha actuación no xulgado, e o paso de provisional a definitiva a resolución sobre a dirección…