-
Unha vista do pasado
Unha foto do Castro de Viladonga, pensando no Castro das Grobas. Onde vai toda a documentación que xeraron as catas do pasado ano? (a lembrar que afoto amplíase premendo dúas veces co rato)
-
Collendo unha entrada de Im-pulso e engadindo algo
A entrada de Im-pulso onde amosa como pode influír o ‘capitalismo salvaxe’ na xestión económica podería ser continuado: A cousa é que cada subcontrata queda con parte do pastel, e hai para todos. quen non se lembra dos razoamentos sobre intermediarios que se deron en España tantas veces? Pois aquí, ó besta, co engadido de…
-
Un pouco máis
Só unhas verbas para dar referencia da nova nota de prensa do concello sobre a petición de cartos á Xunta para paliar os danos da auga, e con referencia a algunha cousa que se podería facer, aquí.
-
13 pontes
Segundo parece, os que foron danados, segundo a penúltima nota do concello (anteriores 1, 2, 3, 4, 5, 6)ascendendo a uns 650 000 € os danos da riada nas estruturas municipais. Darse unha volta por algunhas parroquias nos puntos próximos ás correntes de auga denota máis danos. Deixo algunha foto ó caron, da situación actual…
-
Puro teatro
“Os españois teñen perdido a súa confianza nos políticos, o gran problema é a ausencia de ideas”. As verbas, que corresponden a Luis de Guindos, ex Secretario de Estado de Economía, puidéronse ver este fin de semana en varios xornais. Non estou de acordo. Mellor dito, si o estou na primeira parte, en que temos…
-
Recortes cunha man (a dereita), agasallos coa outra (a esquerda)
Recortes cunha man, agasallos coa outra. Non se trata daquelo de qu enon saiba a miña man dereita do que fai a esquerda, senón todo o contrario. É algo moi sinxelo: transferencia do que se colle cunha para dalo coa outra. Coido que por estas terras estamos faltos dun mito como Guillelme Tell ou Robin…
-
Como chove miudiño!
Na realidade, antonte, non foi tanto… Foi, con diferenza ata aquel momento, o momento, o día que máis choiva caeu en Ribadeo no 2010, 61,2 L/m2, segundo a estación automática da Pedro Murias. Onte xa foi algo máis. Pódese aplicar de novo que foi con diferenza o día que máis choveu no 2010 ata o…
-
Ence que ven e vai
A nova de hoxe, dende a prensa ó concello, é que Ence quédase. A nota do concello non deixa claro moitas cousas, como por exemplo, se ese más de millón de toneladas é para un tempo maior que un ano, cousa que parece que é así, e que pode significar un tráfico menor que…
-
Benito Prieto Coussent
Non é primeira entrada que titulo así. Xa hai tempo, nove meses, que puxen ista outra: http://ribadeando.blogspot.com/2009/09/benito-prieto-coussent.html Agora, por a Paco Lanza, ven un ha homenaxe ó pintor, que deixo reseñada: A Asociación Levada Libre de Tui ten prevista unha homenaxe a Prieto Coussent (Ribadeo,1906 – Granada,2001) o vindeiro 26 de xuño. Como limiar a…
-
Os vándalos, unha familia dos godos
En tempos estudábase aquelo de Vándalos, Alanos, Visigodos, … e aínda que o nome quedou ben diferenciado en significado para os vándalos, había un sentemento de que eran todos familia, todos grupos dunha certa comunidade xeral. Onte apareceu en diversos medios a denuncia por parte do concello do vandalismo nas xardineiras da praza de abaixo…
