Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.424 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Preparando o futuro?

    Remato de ver unha nova sobre ocultación de beneficios, o que me lembra a reforma do despido en España, onde agora unha empresa pode alegar malos tempos apra comezar a despedir. cousa de ir anotando estes intríngulis para o futuro.

  • Servizo complementario

    A nota do concello é abondo indicativa: haberá un autobús ás praias as tardes (o fin de semana, tamén as mañás) durante o verán. Será un servizo de Eocar, independente, pero animado polo concello. Coido que isto debe quedar claro: o concello ou a Xunta non subvencionan, senón que a Xunta permitiu e o concello…

  • Non estamos sós

    A ría de Ribadeo (1, 2, as moitas ligazóns de 3, …) non é a única que sofre de erros e nomes rimbombantes por parte de Google Maps. Agora únese o illote Perexil…

  • Máis sobre orzamentos

    Despois de botar contas sobre o mundial atopei onte tamén a nova do gasto que suporá para a Xunta a visita do Papa. Visita que non inclúe unha noite en Compostela, pois irá durmir a un lugar non sei se máis santo, Barcelona. A cousa din que supón 2 M€ (por otro lugar atopei 4…

  • As contas do mundial en Ribadeo

    A nova de que o balón empregado no mundial é impredicible a alta velocidade e polo tanto as bondades dos xogadores ou do conxunto dunha selección terían menos importancia no resultado dun partido do que xa se supón, lembroume unha cousa sobre a que cría ter escrito pero non: 600 000 euros (100 millóns de…

  • Por esta, limpeza tardía

    Onte o concello sacou unha nota de prensa pola que se permite, previa petición escrita, a limpeza da madeira acumulada nos ríos. Hai que lembrar que a potestade sobre o tema tena a confederación hidrográfica, non o concello, que fai de entidade subsidiaria neste caso. Pero sobre todo, hai que lembrar que foi a falta…

  • Contradicións

    Avisan na web do concello da sinatura dun novo convenio sobre drogodepencias e felicítanse por iso (aínda que sexa menos que o ano pasado). Non é unha contradicción que mentras tanto as esteñan fomentando por outra banda contribuíndo a manter e aumentar unha dependencia alcohólica? Tendo en conta ademáis que o consumo de alcohol relaciónase…

  • A educación anda movida

    Mentras hai un clamor por calquera sitio a cada nova medida da calidade do ensino, ségunese a sufrir as decisións ‘de arriba’ de xeito impetuoso e brutal. En Ribadeo temos tradición, pois tócanos tanto o decidio a nivel estatal como galego. Se o primeiro que lembro foi levar para Burela as ensinanzas da rama Sanitaria…

  • Un pequeno comentario a auga pasada

        Deixo á beira o banderín dunha actividade do IES Porta da Auga a semana pasada, e a ligazón á nova dun xornal. As dúas cousas se refiren ó mesmo. Supoño que a cousa sería que dende o IES non lle pasaron ningunha nota e dende a autoridade portuaria, si: formas de ver as cousas…

  • Unha referencia estatutaria

        Onte saiu a sentencia do Tribunal Constitucional sobre o estatuto de Cataluña. Polo momento, só referirme a unha entrada do blog Ángel de Olavide que da nova puntual do feito, a parte de opinións.