-
Curiosidade: unha imaxe que non parece do verán
Poidera ser calquera lugar, pero é o Mondigo con néboa nun día luminoso deste verán, visto dende o sur. Abaixo, unha toma do sigpac centrada no Mondigo. Na parte inferior esquerda da mesma (SO xeográfico do pico), o mellor punto de acceso, na estrada Reme-Vilamar, a algo máis de 1 km ó oeste de San…
-
Bailes políticos
Ribadeo comeza a ferver ante as próximas eleccións locais. Se onte aínda era nova a tentación do PP pola cabeza de UPRi, (desmentido na prensa de hoxe dun xeito que parece que se tivera saltado por riba da estrutura local do PP), hoxe ten saltado un cambio doutro tipo, de PP (de Ribadeo) a PSOE…
-
Sobre Mirasol
Onte foi dada a nova da apertura de licitación das obras en Mirasol, comprometidas a ENCE. 2,6M€ para básicamente ampliar o espigón no seu grosor (como tenta representar a zona en negro) e a un dragado ata 100m da beira (límite marcado pola liña vermella) abranguendo a lonxitude do peirao. A dicir que a foto,…
-
Descoberto o pastel do ascensor
Onte foi descoberta a placa e inaugurado o ascensor. Cal? O da Atalaia, claro. 21 m de desnivel. Non máis pasaxeiros polo momento, pois está pechado á espera de pequenos detalles. O acto foi aproveitado: non foi o importante ó descubrimento da placa, senón os comentarios e peticións arredor dela, lembranza de inversións prometidas e…
-
Feve …
Vexo a nota do concello sobre o descarrilamento de onte dun FEVE de mercadorías camiño de Navia, con madeira e aluminio. E penso non tanto no inconvinte que pode resultar por unha tempada sacar dalí os vagóns e a carga e reparar a vía (non houbo feridos), senón precisamente no feito de que a carga…
-
Sobre o pleno do luns e un rumor que medra
Deixo a ligazón á nota de prensa do concello sobre o pleno de 20100712, na que vexo por primeira vez por escrito un rumor que comezou hai máis dun mes en Ribadeo, e que imputaría ó xefe de filas de UPRi, Paco Rivas, a aceptación dun cargo na Xunta, coa conseguinte desestruturación da actual relación…
-
Dossier de prensa Musikeo 2010
Chegou ás miñas mans o informe previo correspondente ó Musikeo 2010 (ver a entrada do blog para dar conta da celebración do Musikeo 2009)para a prensa, da Asoc. cultural Viejo Pancho, que creou tamén a páxina http://www.musikeoribadeo.com para información do festival. Ven acompañado dunha nota de prensa, que, afeizoados a este tipo de música ou…
-
Descobre o verán en Ribadeo
Xa pasou o mundial. Mesmo xa pasou o pleno de onte. Que facer? A axenda cultural pode darnos unha idea…
-
Só nos queda xogar con extraterrestres
O título corresponde a un comentario dunha persoa non afeizoada ó fútbol (non eu), e coido que encaixa no ‘Ribadeo era unha festa’ que se viviu onte. Ribadeo como parte da ‘roxa’ (o de España é algo máis complicado). Facendo ondear bandeiras, algunhas como a que amoso. ‘Divertíndonos’: berrando, bebendo, babeando (isto, porque cadra para…
-
Os dereitos son proporcionais ó poder
A cita de N. Chomsky, dun debate en París hai un mes, quizáis debe ser reformada lixeiramente para a súa total comprensión separada do resto do texto: O uso que se pode exercer dos dereitos é proporcional ó poder que se pode exercer. Cadra unha repetición de dúas palabras, pero coido que iso precisamente resalta…
