Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.424 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Periodismo preventivo

    Escoitando onte radio nacional atopeime con este termo, que quixera aplicar a Ribadeo: a definición di abondo, pero é complicada. Trátase de poñer as bases, mediante as novas de prensa, para unha comprensión do que se ve abocado a pasar despois. En Ribadeo hai novas que cando aparecen, quen está informado, veas como totalmente lóxicas…

  • A 47 m

    O concello de Ribadeo está a 47 m de altura, como indica a placa de nivel sobre o mar que está na súa entrada, a uns 2,5 m sobre o chan (o que deixaría a altura da rúa a uns 42 m sobre o nivel medio do mar en Alicante, punto de referencia para as…

  • Unha nova sinxela

    Cárcere por ruído. Polo momento, na Veiga. Por abondos menos anos que os 17 de Ribadeo.

  • Unha curiosidade máis sobre a ría de Ribado

    Xa estamos afeitos a que a ría de Ribadeo sofra todo tipo de discriminacións (descontando as propias de agresión natural), dende diarios que a tratan como ‘do Eo’ a guías que a inclúen en Asturias, pasando por Presidentes da Xunta, etc. Neste caso, é un mantel collido nun local céntrico en Lugo a comezos de…

  • A natureza en Ribadeo, no pobo

    Parece mentira, pero a foto adxunta está tomada hai un par de días na subida dende a Vila vella , ó pé da beirarúa. De noite, só un punto verdoso de luz no centro. Un vagalume dos sete ou oito nos que me fixei esa noite na zona. Para observar e non molestar, pois estes…

  • Unha enfermidade da alma

    “Todos coñecemos unha patoloxía de África Central chamada enfermidade do soño. O que temos que saber é que existe outra enfermidade parella que ataca á alma, e que moi perigosa porque se instala sen que nos decatemos. Cando notes o primeiro indicio de indiferencia e falta de entusiasmo respecto ós teus semellantes, ponte alerta! O…

  • Vantaxes dalgún deporte

    De cando en vez vexo ó alcalde de Ribadeo coa súa bicicleta facendo deporte. O seu comezo, xeralmente, Ribadeo. O seu final, tamén. E máis dunha vez me teño imaxinado cousas do concello, das parroquias, que pode ver a lombos da súa bici con calma, pasando unha e outra vez e vendo a súa evolución…

  • Delicto gravísimo

    O vaticano remata de elevar á categoría de delicto gravísimo a ordeación sacerdotal de mulleres. Un delicto gravísimo que comparte lugar na prensa con cousas que parecen ser pecados veniais, como o ‘pasar’ do debate sobre o estado da nación do xefe da oposición dun (supostamente) estado democrático, ou o enésimo caso de corrupción. É…

  • Un polígono para pasear

    O polígono foi entregado. Queda o reparto, e algo que se soe obviar: a acometida elećtrica coa construcción dunha liña de forza e unha subestación, algo sobre o que non se fala dende hai tempo, coas protestas de fondo a fror de pel por se hai que voltar moverse. Mentras, o polígono está listo para…

  • Ribadeo e a fibra óptica

    A foto amosa unha mesa portátil ná beira do cine teatro, comezo de Avda. Rosalía de Castro. Foi tomada o 20100715 e os aparellos son para empatar os cables da fibra óptica para telecomunicacións. Preguntei para saber a compañía, pois R ten avisada a súa chegada dende hai tempo, pero non, eran operarios dunha empresa…