Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

0 posts
26 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • A nova do día, o tempo

    Hoxe, 1 de agosto, a nova do día do ía é o tempo. Non porque haxa temporal, que non o hai, senón porque chove a cántaros no día que sería o da Xira de Santa Cruz. Non parece que vaia parar pero aínda que parara, o chan está enchoupado para as merendendas e as actividades…

  • Un país normal

    O título corresponde a algo que entendo triste para unha especie de compañeiro de viaxe irmán maior, moito maior, deste blog. Vieiros. Hai uns días dábase a nova do peche desta canle informativa con visión relacionada con Galicia. É de esperar que se manteña na rede ata que remate o seu aboamento de dominio, e…

  • O FestivalON

    Unha cita que leva anos afianzándose en Ribadeo, e renovándose a cada edición. As curtas pouco a pouco van creando afición, tanto na súa visión como na súa realización. O certo é que chama algo a atención o feito de que, co movemento que se nota polas actividades do festival de curtas, o cince teatro…

  • Os cativos resisten

    Ribadeo segue puxante no turismo. A praia de Augas Santas, as catedrais, é unha referencia e parece que a costa de tempo e de visitantes, ata se comenten menos erros sobre a súa pertenza a Ribadeo. A oficina de turismo está chea día tras día, e nun momento calquera pode coincidir unha cola á que…

  • Periodismo preventivo

    Escoitando onte radio nacional atopeime con este termo, que quixera aplicar a Ribadeo: a definición di abondo, pero é complicada. Trátase de poñer as bases, mediante as novas de prensa, para unha comprensión do que se ve abocado a pasar despois. En Ribadeo hai novas que cando aparecen, quen está informado, veas como totalmente lóxicas…

  • A 47 m

    O concello de Ribadeo está a 47 m de altura, como indica a placa de nivel sobre o mar que está na súa entrada, a uns 2,5 m sobre o chan (o que deixaría a altura da rúa a uns 42 m sobre o nivel medio do mar en Alicante, punto de referencia para as…

  • Unha nova sinxela

    Cárcere por ruído. Polo momento, na Veiga. Por abondos menos anos que os 17 de Ribadeo.

  • Unha curiosidade máis sobre a ría de Ribado

    Xa estamos afeitos a que a ría de Ribadeo sofra todo tipo de discriminacións (descontando as propias de agresión natural), dende diarios que a tratan como ‘do Eo’ a guías que a inclúen en Asturias, pasando por Presidentes da Xunta, etc. Neste caso, é un mantel collido nun local céntrico en Lugo a comezos de…

  • A natureza en Ribadeo, no pobo

    Parece mentira, pero a foto adxunta está tomada hai un par de días na subida dende a Vila vella , ó pé da beirarúa. De noite, só un punto verdoso de luz no centro. Un vagalume dos sete ou oito nos que me fixei esa noite na zona. Para observar e non molestar, pois estes…

  • Unha enfermidade da alma

    “Todos coñecemos unha patoloxía de África Central chamada enfermidade do soño. O que temos que saber é que existe outra enfermidade parella que ataca á alma, e que moi perigosa porque se instala sen que nos decatemos. Cando notes o primeiro indicio de indiferencia e falta de entusiasmo respecto ós teus semellantes, ponte alerta! O…