-
Facendo historia: sobre’ Vilaselán, aproximación histórica’
A semana pasada, falando cunha persoa allea en principio a Ribadeo pero que xa vai coñecendo moitas cousas da nosa vila, dicíame que a historia de Ribadeo está por contar. Era un parecer, visto a partir dunha perspectiva foránea, pero compartido por moita xente e contrastable coa realidade ribadense. Unha parte de ese Ribadeo que…
-
Tódolos Santos non é Defuntos …
Se nos cinguimos á tradición católica do día de tódolos santos, ou polo contario, se nos quedamos co Samaín / Halloween, teremos una concepción da celebración de hoxe ben diferente, aínda que emparentada en ambos casos. De calquera xeito, diferente da celebración de mañá, Defuntos. Non creo que Zapataero estivera pensando nestas cousas cando nomeou…
-
A charla de onte, a viaxe de pasado mañá e … quizáis o xulgado dalgún día
Deixo adxunto unha nota de prensa de O Tesón: AVV O Tesón Nota de prensa Ribadeo, 20101031 Cunha entrada de 30 asistentes finalizou onte día 30 de outubro o primeiro ciclo de conferencias que a AVV O Tesón mantivo durante todo o mes na Casa das Letras de Ribadeo. Os temas, que levaban por título…
-
A crítica do xefe polo subordinado debe ser un accidente, non un hábito
Collo para o título unha cita de André Maurois que atopei nun xornal a semana pasada. Non di a explicación que para que sexa un accidente, o proceder do xefe debe ser asemade correcto salvo accidente, pero coido que debe sobreentenderse. En política, ademáis, non está moi claro que significa / a quen se lle…
-
Tapia y la comarca no son lugares de muchas oportunidades
… emporiso, non importa que mexen por riba, se hai algunha oportunidade … O argumento de Juan Calvo-Sotelo, flamante novo comunicador en xefe da tamén nova empresa que tenta abrir a mina de ouro de Tapia, parece que non se lle aplica a el mesmo. Químico industrial, inglés, francés, político local, e compatibilizando postos, ten…
-
De novo, os cortes de luz
Un gran temporal? Non! simplemente, a repetición dos cortes de luz de anteriores anos (aquí, unha referencia como exemplo). E un más a puntar na lista de cortes que non deberan suceder. Como noutras ocasións, segundo a prensa, a empresa lávase as mans, porque as árbores están aí, e sempre poden producir avarías. A xustificación…
-
Matrícula do 22 ó 29 de outubro: V xornadas de patrimonio tradicional da Mariña Central
O Camiño Norte, analizado nalgunha vertentes nun ano xacobeo, en Mondoñedo: V XORNADAS DE PATRIMONIO TRADICIONAL DA MARIÑA CENTRAL “Patrimonio, Cultura e Turismo no Camiño Norte Galego” Centro de Desenvolvemento Comarcal da Mariña Central (Mondoñedo) 29 e 30 de outubro de 2010 Programa: Venres 29 de outubro de 2010 09:30 h Acto Inaugural 10:00 h…
-
Canon …
… dixital. Unha pregunta. Cánto tardará o concello en reclamar o pagado por canon dixital? Ten organizado o tema para poder reclamalo? A sentenza da UE sobre a aplicación do canon dixital dixa fóra ós concellos; é dicir, o canon pagado pode reclamarse. Claro que, para iso, hai que ter datos.
-
Dionisio Fierros comentado por Celia Castro
Onte tivo lugar a terceira das charlas do ciclo ‘Ribadeo e …’ organizado pola AVV O Tesón. O tema foi Dionisio Fierros, pintor vinculado con Ribadeo aínda que nado en Cudillero. Celia leva anos estudando a obra de Dionisio e encadrándoa en relación cunha temática que toca nas súas clases, a fotografía, e que naqueles…
-
Cando a lei non se cumpre, revisitado
Chegoume pola web a nova dun artigo de xa hai uns días, escrito for Fernando Acero, Cuando las leyes no se cumplen, los ciudadanos pierden (y mucho), e lembrei un artigo meu escrito coa mesma idea, sobre outro tema, e con diferentes características: Cando a lei non se cumpre. Sei que ó final, resultan diferentes…
