Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.424 posts
33 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Non foi en 28 de decembro (aínda que o pareza)

    A nova foi do día 17. Nela tentábase facer eco das débedas de Galicia: “Galicia debe 5.800 millóns e xa é a quinta autonomía máis endebedada”. Pero … os gráficos presentados (non aparecen na ligazón web) tentan facer o detalle dos últimos tempos respecto dos anteriores, co que hai unha manifesta variación da información: a…

  • Asamblea Amadores da Música 2010 (II)

    Despois da 1ª parte, a non renovación da directiva, anunciada para a asamblea extraordinaria, e a conexión que fixen entre esa non renovación e o conflito a conta da actuación en Muxía, pola Virxe da Barca, fíxome preguntar por máis detalles sobre o tema, a partir de onde interviu máis da metade dos presentes, dende…

  • Deixando o 28 para outro día: Asamblea de Amadores da Música de onte (parte I)

    Onte, día 27, celebrouse a asamblea anual de Amadores da Música. en segunda convocatoria, ás 21:30, no salón da Casa do Mar, cunha asistencia de algo máis de 30 socios e uns cantos músicos (parte deles, incluídos xa como socios) Na mesa, 7 diretivos máis o director. En canto a lectura da acta anterior, lembrouse…

  • A Torre dos Moreno: fin do preludio e algún dato

    O día 23 unha nota de prensa do concello levou a que mirara o DOG dese mesmo día, nun apartado referente a Ribadeo, que reproduzo embaixo. A cousa vai da Torre dos Moreno, Ben de Interese Cultural de Ribadeo (ver listado ó final), e o que se anuncia significa que a vía que máis ou…

  • Un escrito de Víctor Moro: Ribadeo sigue abandonado

        Hai xa un par de anos que lle pedín permiso a Víctor Moro para publicar no blog os escritos seus na Comarca. Aproveito a súa resposta positiva, brindando a colaboración posible, para transcribir aquí o seu escrito aparecido na Comarca de 20101225, aparecida o 24. A dicir que non comparto totalmente o que di,…

  • Algo xeral, sobre unha broma editorial

    En torno ó Nadal déronse moitas novas, tanto en Ribadeo como fóra. É de supoñer que de aquí a fin de ano haxa un pouco máis de calma para falar dalgunha delas. De varias hai inflacción de comentarios, o que non priva de que se poda facer algún máis, por curto que sexa. Por exemplo,…

  • Untitled Post

  • ISBN?

    O ISBN é o numeriño que levan os libros como identificación. Segue unha normativa internacional, e todo libro que se precie un pouco pídeo e lévao posto. Non é necesario, pero si convinte de cara á difusión. Ata este mes, viña sendo concedido en españa pola ‘Axencia española do ISBN‘, un organismo público dependente do…

  • Liña habemus!

    Despois de moitas reviravoltas, aquí está a “Resolución de 2 de diciembre de 2010, de la Secretaría de Estado de Cambio Climático, por la que se formula declaración de impacto ambiental del proyecto Línea eléctrica a 400 kV, doble circuito denominada Boimente-Pesoz, Lugo y Asturias.” (descargable como pdf aquí) Entre Pesoz e Viveiro hai uns…

  • Toda empresa colectiva require confianza

    Recollo unha frase do libro ‘Algo va mal‘ de Tony Judt (na p.70, 3ª ed) para voltar sobre unha insistencia de O Tesón cando é preguntado sobre o que facer cara ós programas electroais das próximas municipais. Porque o primeiro é facer que os candidatos sexan cribles cando fan unha afirmación, unha promesa. Se eso…