Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.315 posts
29 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Un exemplo claro do que alguén, no seu día o promotor, nunca debeu ter feito e do que o alcalde naquel momento, José Carlos Rodríguez Andina, nunca debeu ter permitido

    O título está tomado das declaracións do alcalde, onte, por mor do replantexamento do faiado dun edificio que leva saído varias veces no blog. ‘Agora si’, iso parece. A ‘solución’, por chamala dalgún xeito, non debe ocultar varias cousas, entre elas: 1.Permitiuse cando está dado por válido xudicialmente que non se debera permitir. 2.Quen o…

  • Novos produtos turísticos

    Sae hoxe na prensa o aporte de 64 000 € por parte da Xunta para o deseño de novos produtos turísticos. Tamén estarían incluídas a formación e a mercadotecnia, con dúas referencias extra: os cartos refírense a un aporte á mancomunidade mariñá e os ‘produtos’ serían xestionados pola mesma mancomunidade. Hai tres días, no pleno…

  • Podomorfismo petroglífico nas Anzas

    A pedra coas pegadas ben clariñas, tomada pola xente de A Mariña Patrimonio. Vamos, que nas Anzas apareceron pedras co que parecen ser pasos gravados de xeito natural hai moitos miles de anos. Anúnciao Mariña Patrimonio no seu blog.

  • Xogando ó despiste

    Panem et circenses: hai días contados que se voltou a armar a conta do fútbol, bastou o cumpreanos dun logro. Para a verquente máis sociopolítica quedou a discusión 110/120 cando entre o prezo dos combustibles e a crise será mellor ir a 100 para que non suba o consumo. Mentras, a perda de dereitos e…

  • Primeiro pleno ordinario do novo mandato

    Distribución no salón de plenos no mandato 2011/2015 (a falta de intervención) Onte, luns 2º de mes ás oito, como habitualmente está establecido, celebrouse o primeiro pleno do novo mandato da corporación ribadense. Significou unha variación sobre os plenos anteriores, ó poñer a análise dos decretos da alcaldía (pagos varios) ó final, xunto con Rogos…

  • Cuestiona a autoridade. Pensa por ti mesmo. Se libre no teu modo de actuar. E permite o libre acceso.

    Movemento 15M? Aplicación para o regulamento de aprticipación cidadá de Ribadeo? … Tomei a cita de ‘As voces serán máis importates que os votos‘, entrevista no El País a Joichi Ito, neste momento máximo representante de Creative Commons.

  • Deconstrucción del dolor

    Venres pasado ás 8:30 da tarde no cine teatro. Recital de poesía de Silvia Murias. Pasou(me) sen oportunidade de ir. Sei del o que falei despois coa autora. No cine teatro, complementado con diapositivas. É diferente, pero pode cerrar parte da curiosidade: Anatomía del subterfugio. Del cómo tejer palabras para amortiguar la sordidez del golpe,…

  • Avance de actividade

    Cartel das xornadas A A. C. FRANCISCO LANZA de Ribadeo organiza as IX XORNADAS DE HISTORIA LOCAL para os días 14 e 15 deste mes de xullo, xoves e venres, ás 20:30 horas no salón de actos da Casa do Mar. Este ano trataremos da historia recente da nosa vila. Por un lado, Enrique Rodríguez…

  • Novas dun vello tema

    Resulta que segue o ruído en Ribadeo, e segue a combaterse: A cousa é que pouco a pouco vaise facendo camiño. Os que comezamos o recorrido hai longo tempo podemos apreciar o feito maís en perspectiva. O avance. E o que falta. en particular, en mentalidade empresarial. E repetindo unha vez máis que non se…

  • Búscanse persoas.

    Búscanse persoas. Calculo que por esta chegará cunhas catrocentas cincoenta ou cincocentas para non ter que estirar moito os brazos. O 23, sábado, está pensado que as marchas de indignación cheguen a Madrid. E, para acompañalas no esprito, aquí está previsto facer unha cadea humana ó longo da ponte dos Santos. Será o 23, sábado,…