-
Un aporte para entender o substrato do 15M
… nos reflexos dos disturbios británicos.
-
De nomes, historia e futuro
Coido que a asignación do nome a algo é importante: é referenza, a cara que se lle pon para facer visible o que sexa. Determina en parte -ás veces, máis, outras, menos- o trato que se lle dá, a percepción do que é, a nosa relación co ‘elo’. Cando se nomea a un recén…
-
Lei de independencia
Tense falado moito dun tempo a esta parte da lei de dependencia. Unha lei que procura poñer as condicións para que os nosos maiores sexan o máis independentes posible, paliando a dependencia cunha contribución social estruturada, en troques de deixala ó albur da familia ou achegados diversos, nun momento no que os lazos familiares tenden…
-
Sobre o xulgado. Nota de prensa da AVV O Tesón 20110810
Recollido de http://o-teson.blogspot.com/2011/08/sobre-o-xulgado-nota-de-prensa-20110810.html Hai xa un mes, o 13 de xullo, que a AVV O Tesón presentou no concello un escrito foi preguntando polo Xulgado. Nel facíase lembranza de que o 31 de decembro do pasado ano foi asinado polos representantes políticos, con destino a D. Francisco Caamaño, Sr. Ministro de Xustiza, un documento con…
-
De novo, tormenta
Este verán está habendo un tempo raro por Ribadeo. Tormenta, o que se di tormenta, non hai. Sol, a ratos, e, a maioría, nubes. Pero a outros niveis, hai tormentas, mesmo contínuas. Por exemplo, a nivel político, unha tormenta lonxana, pero na que está metido Ribadeo a traverso do seu alcalde: cunha maioría nos plenos,…
-
Candidato a ser declarado demasiado galego
Tal como están as cousas, vexo a posibilidade de que calquera (maiormente, político, pero non necesariamente) faiga unha declaración de que este blog é (ou eu son) ‘demasiado galego’. Pode soar a choteo mesmo polo que podería ter de chotis, e teño claro que a pouca relevancia concedida ó blog non o fai acredor dunha…
-
Observacións astronómicas o 10 e o 11 de agosto, e música a partires de hoxe
Aínda que me afecta direitamente, paso a ligazón dende o concello. sobre as observacións de mañá e pasado, e a referenza do festival internacional de música clásica que comeza hoxe.
-
Enterádevos: a revolución xa ten comezado
e chámase evolución. A conto do 15M moito se ten escrito, moitos noivos lle teñen saído, que logo na mior parte dos casos sentíronse despechados sen ter chegado ó noviazgo en ningún caso. Moitas veces se ten dito que o 15M acábase, e moitas ten continuado. E adaptado. E adoitado por máis xente, que sentindo…
-
É isto xira?
A conta do publicado onte sobre a Xira, recibín un correo electrónico cunha ligazón a un vídeo de Youtube (hai máis) que deixo a continuación embebido (nunca mellor dito): O comentario primeiro que fai o remitente, ‘Estiveron cortando o tráfico unha hora sen que aparecese a policia’, e o último, avisando que colgará en Ribadeo…
-
De xira pola rúas de Ribadeo
A cousa cambio moito duns anos a esta parte. Xa o pasado ano facíao notar en ‘ir de Xira‘. Hoxe pódese ver ese mesmo cambio de substitución da comida campestre amenizada con música polo tomar viños con música de gira, abaixo, no pobo, antes de subir a Santa Cruz. O divertirse no monte por montar…
