Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.315 posts
29 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • San Roque

    16 de agosto. San Roque. Comezo en falso das festas de Ribadeo, como irmán menor da patroa que se celebrará case tres semanas despois. O verán está feito, queda só facer paliativos tanto en tempo como en recaudación. En tempo, en temperie, poden vir bos días, bo tempo, pero as noites frescas  fresquean cada vez…

  • Recollendo historia

        O outro día tiven a oportunidade de escoitar a Gonzalo Moure en Castropol, invitado a dar unha conferencia pola Asoc. ría del Eo (non, non é un erro, a asociación chámase así), falar de xeito entre histórico e novelado do seu 12º tataravó, Sancho Pardo de Donlebún. O salón estaba cheo e era por…

  • Un aporte para entender o substrato do 15M

    … nos reflexos dos disturbios británicos.

  • De nomes, historia e futuro

       Coido que a asignación do nome a algo é importante: é referenza, a cara que se lle pon para facer visible o que sexa. Determina en parte -ás veces, máis, outras, menos- o trato que se lle dá, a percepción do que é, a nosa relación co ‘elo’. Cando se nomea a un recén…

  • Lei de independencia

    Tense falado moito dun tempo a esta parte da lei de dependencia. Unha lei que procura poñer as condicións para que os nosos maiores sexan o máis independentes posible, paliando a dependencia cunha contribución social estruturada, en troques de deixala ó albur da familia ou achegados diversos, nun momento no que os lazos familiares tenden…

  • Sobre o xulgado. Nota de prensa da AVV O Tesón 20110810

    Recollido de http://o-teson.blogspot.com/2011/08/sobre-o-xulgado-nota-de-prensa-20110810.html Hai xa un mes, o 13 de xullo, que a AVV O Tesón presentou no concello un escrito foi preguntando polo Xulgado. Nel facíase lembranza de que o 31 de decembro do pasado ano foi asinado polos representantes políticos, con destino a D. Francisco Caamaño, Sr. Ministro de Xustiza, un documento con…

  • De novo, tormenta

    Este verán está habendo un tempo raro por Ribadeo. Tormenta, o que se di tormenta, non hai. Sol, a ratos, e, a maioría, nubes. Pero a outros niveis, hai tormentas, mesmo contínuas. Por exemplo, a nivel político, unha tormenta lonxana, pero na que está metido Ribadeo a traverso do seu alcalde: cunha maioría nos plenos,…

  • Candidato a ser declarado demasiado galego

    Tal como están as cousas, vexo a posibilidade de que calquera (maiormente, político, pero non necesariamente) faiga unha declaración de que este blog é (ou eu son) ‘demasiado galego’. Pode soar a choteo mesmo polo que podería ter de chotis, e teño claro que a pouca relevancia concedida ó blog non o fai acredor dunha…

  • Observacións astronómicas o 10 e o 11 de agosto, e música a partires de hoxe

    Aínda que me afecta direitamente, paso a ligazón dende o concello. sobre as observacións de mañá e pasado, e a referenza do festival internacional de música clásica que comeza hoxe.

  • Enterádevos: a revolución xa ten comezado

    e chámase evolución. A conto do 15M moito se ten escrito, moitos noivos lle teñen saído, que logo na mior parte dos casos sentíronse despechados sen ter chegado ó noviazgo en ningún caso. Moitas veces se ten dito que o 15M acábase, e moitas ten continuado. E adaptado. E adoitado por máis xente, que sentindo…