-
20110919 pleno (II)
Ben, atrancos impídenme a primeira hora de hoxe seguir comentando o pleno. Deixo entón como substituto provisional e contrapunto do resto do meu comentario a ligazón ó comentario do equipo de goberno na web do concello.
-
Comunicado pola educación
Esta carta pretende informalos da situación pola que atravesa neste momento o ensino público despois dos recortes feitos pola Consellería de Educación. A nosa intención é buscar a implicación de pais e nais na educación dos seus fillos, cando menos o seu apoio moral e a súa comprensión cara algo que nos afecta a todos:…
-
E a luz fíxose… para as compañías eléctricas
Iso parece en Ribadeo. Hoxe, un novo corte de luz duns 3/4 de hora asolou a vila. A min fastidioume unha tarde de traballo. Supoño que ó comercio lle fastidiaría dun xeito proporcionalmente superior. Reclamar? Sendo un particular? Xa hai dificultades cando se estropean aparellos (cando rematan de estropearse, non as veces que os van…
-
20110919 pleno (I)
Comezando polo final, as preguntas de O Tesón, que foi o último contestado, xa fóra do pleno, coma sempre: As de novembro pasado (2010!)… 1.Tendo xa inaugurado o ascensor, e vendo a súa necesidade de coidados, solicitamos coñecer o estudo económico para o seu mantemento e funcionamento, ou, no seu defecto, o custe de mantemento…
-
Por fin, os plenos na web do concello
Coido que sirva para aumentar a participación. Polo momento, un intento máis. Corto e pego dende a web do concello: ” SESIÓN ORDINARIA ÁS 20 HORAS Pleno o vindeiro luns O vindeiro luns, 19 de setembro, haberá pleno no Concello de Ribadeo. A sesión ordinaria dará comezo ás 20 horas. Entre os puntos que se…
-
Importación de medicamentos da India
Agora que unha multinacional farmacéutica permítese o luxo de non subministrar os seus medicamentos ós hospitais gregos, sería o momento de reprantexarse a fabricación de xenéricos para non ter que mercarllos á India ou a outro país que non acate as decisións das multinacionais …
-
1M€ ou a desaparición da clase media
Remato, por casualidade, de ver un telediario da 1 case enteiro (refírome á parte que corresponde a España), a verdade é que non sei moi ben que coller, porque que comentar, hai. Collo o imposto do patrimonio. Resulta que se quitou hai un par de anos e agora pónse (provisional!) de novo, máis debilitado do…
-
Valoración das festas da patroa Ribadeo 2011
En fin, as festas chegaron ó seu fin. E xa comezaron a aparecer nalgún medio queixas, como a que apareceu na Comarca queixándose do sitio, ou no Progreso coa queixa do ruído. Por iso, tentando contribuír a mellorar as festas, ocorréuseme lanzar unha enquisa sobre o seu desenvolvemento. Fixen un esquema que espero que axudedes…
-
… e a luz fíxose
Comezan de novo (mellor, continúan) os cortes de luz que tanto tipifican a zona, vila incluída. Haberá que protestar á compañía de distribución de novo? A vez pasada non fixo caso nin a cia, nin a xunta, nin o concello, nin …
-
Comentando o día da patroa en Ribadeo. 4 Outros
Queda sempre moito que dicir das festas, comezando por aquelo de que cada un fala da feira por como lle foi nela, pero hoxe só algún pequeno apunte máis. Grupo (Voodoo Crow) tocando despois das festas – ou durante- (20110909) As festas foron ampliadas 1 día!. Ían finalizar o oito, pero finalizaron o nove. Por?…
