Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.239 posts
27 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Fotos de curiosidades ribadenses destes días

    Obras en Mirasol para ampliación da fronte á ría de ribadeo Ribadeo está cheo cada dous por tres, de ‘últimas fotos’ ou ó revés, ‘primeiras lembranzas’, porque para ben ou para mal, está en movemento contínuo aínda que poda parecer que non. As seis fotos de hoxe testemúñano, despois de seren tomadas todas onte. A…

  • Xelís de Toro

    Xelís, nun momento dos seus movementos e expresións. Xelís de Toro non é novo en Ribadeo. Ten participado máis dunha volta nas xornadas Mar por Medio. Onte ofreceu un anunciado como recital poético na Casa das Letras. O salón estaba ocupado por xente que escoitamos primeiro a presentación por parte de Manel, director do IES…

  • Pasándose

    Unha máis de políticos. O de onte e antonte no consello da tve é unha pasada. Agora resulta que os políticos queren intervir ‘direitamente’ (indireitamente, levan tempo facéndoo) nos telediarios. E non só iso, senón que, ó seren descobertos, aparece un mar de contradiccións. A pesar diso, a volta atrás aínda non se ve. Tampouco…

  • 20110919 pleno (III)

    Despois da acta, os 15 asistentes (no momento de máxima audiencia), aceptaron a renuncia de Francisco Rivas Álvarez, a quen se lle desexou o mellor, pero quen non estaba para escoitar o desexo. Si estaba entre o público o segundo da lista, que o substituirá e que estivo tomando notas, supoño que para o artigo…

  • 20110919 pleno (II)

    Ben, atrancos impídenme a primeira hora de hoxe seguir comentando o pleno. Deixo entón como substituto provisional e contrapunto do resto do meu comentario a ligazón ó comentario do equipo de goberno na web do concello.

  • Comunicado pola educación

    Esta carta pretende informalos da situación pola que atravesa neste momento o ensino público despois dos recortes feitos pola Consellería de Educación. A nosa intención é buscar a implicación de pais e nais na educación dos seus fillos, cando menos o seu apoio moral e a súa comprensión cara algo que nos afecta a todos:…

  • E a luz fíxose… para as compañías eléctricas

    Iso parece en Ribadeo. Hoxe, un novo corte de luz duns 3/4 de hora asolou a vila. A min fastidioume unha tarde de traballo. Supoño que ó comercio lle fastidiaría dun xeito proporcionalmente superior. Reclamar? Sendo un particular? Xa hai dificultades cando se estropean aparellos (cando rematan de estropearse, non as veces que os van…

  • 20110919 pleno (I)

    Comezando polo final, as preguntas de O Tesón, que foi o último contestado, xa fóra do pleno, coma sempre: As de novembro pasado (2010!)… 1.Tendo xa inaugurado o ascensor, e vendo a súa necesidade de coidados, solicitamos coñecer o estudo económico para o seu mantemento e funcionamento, ou, no seu defecto, o custe de mantemento…

  • Por fin, os plenos na web do concello

    Coido que sirva para aumentar a participación. Polo momento, un intento máis. Corto e pego dende a web do concello: ” SESIÓN ORDINARIA ÁS 20 HORAS Pleno o vindeiro luns O vindeiro luns, 19 de setembro, haberá pleno no Concello de Ribadeo. A sesión ordinaria dará comezo ás 20 horas. Entre os puntos que se…

  • Importación de medicamentos da India

    Agora que unha multinacional farmacéutica permítese o luxo de non subministrar os seus medicamentos ós hospitais gregos, sería o momento de reprantexarse a fabricación de xenéricos para non ter que mercarllos á India ou a outro país que non acate as decisións das multinacionais …