Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.459 posts
38 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Debe ser a política …

    Papandreu, o grego, arma un pifostio chamando a un referendo sobre a ‘axuda’ da UE; recibe ameazas diversas, todo o mundo se posiciona … e non ben dous días despois, a oposición di que acepta a axuda tal cual, e Papandreu esquece o referendo. O pobo? que importa!

  • Un anaquiño da historia da música en Ribadeo

    (collido a partir dunha entrada en facebook de Cherry Guelin e o comentario de Zora Gabbara en youtube) Video-clip orixinal da canción de BEETLE JUDGE “Black art” gravado nas escolas de imaxen e sondo de A Coruña no ano 1998 e producido e realizado por “Altun tun producciones”. A canción pertence ó primeiro album da…

  • O camiño que non tomamos

    Outras alternativas son posibles. Que deixen poñelas en práctica dun xeito doado, é outra cousa. Con dous días de retraso lin no El País “Islandia, el camino que no tomamos“, do amigo Paul Krugman. Comparacións económicas e a posibilidade dun modelo diferente. Non moito novo, ó tempo que mantén viva a posibilidade non tanto de…

  • O libro de Hernán, a punto

    O 12, ás 13.

  • Da corrupción

    3 dimisións por temas relacionados coa corrupción en Galicia, só no último mes. Non está mal.  Para batir unha marca, digo. Seguen a esforzarse en facelo. Seguimos a esforzarnos en permitilo?

  • Crónica curta dunha viaxe aproveitada de O Tesón

    É unha crónica social, que, de ter tempo. convertería en cultural: O sábado 29 de outubro a asociación de veciños O Tesón realizou unha viaxe social a San Martiño de Mondoñedo. A primeira parada do recorrido foi a visita da basílica, guiada por D. José Mª Rodríguez, que despois de centrar históricamente a S. Martiño,…

  • Concienciándonos para o 20N

    A raíz dunha entrada en Seguridad Wireless Unha nota previa: considérome parte do movemento 15M, e como tal, apoio a difusión das teses xerais, que non teñen por que coincidir exactamente coas miñas. O vídeo forma parte da coñecida como #Op20N, a campaña coa que Anonymous promove entre a cidadanía española un cambio para o…

  • Protesta; pola sanidade pública

    Onte tocoulle ó desmantelamento progresivo da sanidade pública. Centos de manifestantes en Burela contra os recortes sanitarios, titula hoxe a prensa. Pancho Campos, Presidente de O Tesón, leeu o comunicado. O caso é que en tódalas áreas sanitarias de Galicia houbo manifestación. En todas, dous puntos fundamentais: – A defensa dos Servizos Sanitarios Públicos –…

  • Segue a conta

    Hai algún tempo veñen saíndo de xeito salpicado diversas novas sobre o concello de Ribadeo e os xulgados (a parte da reclamación para o retorno do xulgado a Ribadeo, que parece bandoada polas autoridades …). Rara vez deixan de ter un denominador común, cando se refiren ó resultado dunha sentenza: perde o concello. A última…

  • Contraste

    Chama a atención que hai algo máis dunha semana a Plataforma pro residencia de maiores de Ribadeo saque unha nota de prensa na que se fala da pouca actividade do concello para conseguila (quedara en constituír unha comisión xa hai varias semanas), e que onte sexa a alcaldía a que saca unha nota de prensa …