Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.315 posts
29 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Quen é quen?

    Con varios cortes de luz tanto onte á tarde-noite como esta mañá, espero poder rematar o blog en tempo … En tempos revoltos, é difícil distinguir algo, a parte do derivado de ‘a río revolto, ganancia de pescadores’. Despois do indulto da semana pasada dun banqueiro por parte do goberno (vice dun banco que condonou…

  • O desemprego xeral e da xente nova, unha comparativa mundial

    Nesta ligazón.

  • Un (varios) novo(s) enfrontamento(s)

    Unha das misións importantes que coido que ten o aparello mediático do concello é dirixir (ou tratar de facelo) as novas, a atención da cidadanía cara onde interese no momento concreto, dirixindo así tamén o debate correspondente e mantendo a outras forzas á contra. Certamente, non é a única, nin a máis desexable para a…

  • Un documento para lembrar (se queres), para unirte (se queres), para pensar (se te decides), para …

    A acta da última asamblea indignada, en Ribadeo, aquí.

  • Desta vai?

    Hai xa tempo que o alcalde ven espallando a súa idea de que Ribadeo sexa unha pequena vila. A conta diso, non é a primeira volta que sae no blog, nin tampouco a primeira que reflexo a miña idea de que a cantidade de veciños non é tan importante como a calidade de vida. O…

  • A crise perfecta

    Que mellor crise que a que se prepara para que se autoalimente? Onte saía na prensa que se está comezando a aplicar nas causas recentes o fin lexislado da xustiza universal. Os preciosos cartos dos españoles xa non poderán servir para investigar crimes que non incumban direitamente a españois. Ó resto, que o zurzan (xa…

  • Unha semana e un día

    Podemos comezr a contar. Hoxe cúmprese unha semana e un día das votacións, e isto comeza a parecerse a unha pena, antes de entrar o novo goberno. Non só é que no último consello de ministros se indultara a un financieiro tramposo, dando un paso máis cara ó desprestixio do PSOE, a quen as letras…

  • Xa hai columnas novas no cantón

    A foto corresponde a varios días atrás, á substitución das columnas do edificio dos Moreno. Un paso máis cara á súa conservación, importante, pero non definitivo, pois o interior segue a deteriorarse, a parte do que se pode observar nas fachadas. Poden observarse as novas columnas entre os apoios mantidos para a súa substitución.

  • Ribadeo, fóra

    Esta semana un grupo de alumnos do IES Porta da Agua estará expoñendo traballos realizados por eles na edición 2011 da Galiciencia, en Ourense. Os alumnos son Andrez Vilar, María Pernas, Alexandra Martínez, Pablo Ramos e David Portillo, acompañados polo profesor Antonio Gregorio. O IES ten participado nas catro edicións anteriores de esta feira exposición…

  • ?

       Non comprendo moi ben. Unha agresión, conmoción en Ribadeo e novas de prensa acaparando titulares e… o primeiro que aparecen, a pesares das marcas da agredida, e o cuestionarse de se a versión dada é real ou está mentindo, antes de comezar a investigación. Coido que se hai razóns para dudar, deberan expoñerse, e…