Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.575 posts
47 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Unha implicación do peche de megaupload en Ribadeo

    Emprego peche e non cierre polas características do asunto. Pero, imos o gran. A banda renovou a súa páxina. Unha das consecuencias, a publicación na web dos estatutos de Amadores, a súa sociedade matriz. Están publicados? Non. Intenta descargalos dende a páxina de ‘documentación’ coa ligazón que poñen: http://www.megaupload.com/?d=Z2IAU0R3 Non copio aquí o que aparece.…

  • de plantas medicinais, arándanos e moras, artigo de Evaristo Lombardero

    DE PLANTAS MEDICINAIS, ARANDANOS E MORAS A asociación Puente de los Santos (Concellos de Ribadeo e Castropol. Leader Plus) promoveu, hai poucos anos, un proxecto de Prantas arómaticas e medicinais do cal non é doado atopar información no momento actual. Entre outras cousas porque da devandita plantación non quedan nin os restos. Non se vendeu…

  • Falando sobre a periferia … desfavorecidos nun factor 40

    Hai un par de días falei no blog sobre estar na periferia. Era a reposición dun vello artigo xornalístico no que falaba de comunicacións, en particular, telecomunicacións (non de economía ou de poder, que tamén son aplicables no caso de Ribadeo). Sobre o tema chegoume unha captura de pantalla que quero poñer aquí porque serve…

  • Teatro do absurdo

    O teatro do absurdo foi … bo, mellor, na Galipedia. Ó fin, non deixa de ser teatro, e polo tanto, interpretable. Paso tódalas semanas unhas cantas veces por diante dos edificios que fotografío abaixo. Os dous son públicos, aínda que correspondentes a diferentes administracións. O primeiro ofrece un paso máis nunha seire de atrancos decisións…

  • Nova vella entrada: Achégase o Fin de Curso

    O tema é xa vello, pero renóvase tódolos anos, na mesma época (que non é ista). O texto foi publicado o 19960630. – Achégase o Fin de Curso Na nosa tradición occidental parece que tomamos a vida e os sucesos como algo lineal; eso din os estudosos da mentalidade social. Nembargantes, celebramos os ciclos. Este…

  • Estamos na periferia

    Deixo outro artigo publicado na Mariña de El Progreso a 19960522. O cambio tecnolóxico e a súa continuación nos custes económicos é patente, pero nun día como hoxe, que a conexión a internet chegou a estar parada, ou ouho algún corte de luz, coido que ven a conto. No último parágrafo, paráfrase dunha cita que…

  • Ribadeo en HDR

    Deixo aquí un par de fotos de Ribadeo (decembro 2011) que recibín de José Manuel Martínez en HDR… (baixei a resolución para que se poidera cargar máis rápido) Porcillán A Torre dos Moreno, parte traseira

  • O estiramento dunha masa

    Procurando outras cousas, remata de caer a miña atención na versión dixitalizada de artigos que teño publicado en tempos (década dos 90) na Mariña de El Progreso. Deixo unha das publicacións que coido resistiu abondo ben o tempo, a pesares da temática: O estiramento dunha masa (4/12/97) A semana pasada volvín escoitar mencionar un efecto…

  • Á beira da ría de Ribadeo

  • Desgoberno

    Chegoume por varias canles o artigo de Juan José Millás cando xa o tiña lido. Fíxome pensar, porque certamente é bo, pero procurar unha e outra vez o seu eco, só o eco, sen aportar nada máis, coido que o fai unha especie de icono a seguir, sen acción interna, sen interiorización e mesmo chegando…