Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.315 posts
29 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • O aumento dos estados fallidos

    Somalia. Intentouno, pero o descenso ós infernos é patente. Volta a unha sociedade feudal brutal. O estado non está nin xa se lle trata de procurar. Con máis ‘sorte’, Iraq poidera saír do furado despois dunha década de ocupación e estar abondo peor que hai non xa dez, senón 20, 30 anos. Afganistán, a guerra…

  • Competencia ante as peticións de Ribadeo

    Un exemplo do que me decato no xornal de onte: Un ‘especial’ (=anuncio de dúas páxinas metido como nova) da apertura dunha residencia (privada) no concello de El Franco, en Asturias. Volvo ás páxinas de internet e atopo unha das novas (de alí pode saltarse ós outros artigos relacionados). En Ribadeo, iremos camiño adiante?

  • Nota da asociacion galega defensa sanidade publica

    A Asociacion Galega para a Defensa da Sanidade Pública quere comunicar á cidadanía Galega das consecuencias para os pacientes das política de recortes e privatizacións do sistema sanitario galego postas en marcha polo goberno da Xunta A estratexia de aforrar á conta de reducir a oferta de atención está deteriorando de xeito gradual e progresiva…

  • Falta de democracia

    Hoxe non vai de Ribadeo, senón con Ribadeo como participante nunha sociedade moito máis ampla. Onte pola tarde saltou a nova en diversos blogs de que os representantes da grande maioría dos países da UE tiñan asinado o ACTA nunha xuntanza en Toquio. Coido que é un novo acordo que recorta os dereitos da xente…

  • Un paso máis cara a unha residencia de anciáns en Ribadeo

    Antonte á tardiña tivo lugar o primeiro encontro sobre a residencia de anciáns con implicacións máis aló de Ribadeo. Tratouse dunha xuntanza entre a Comisión pro residencia (por así dicilo, o ‘grupo legal’, do que forman parte dúas persoas do ‘grupo impulsor’ que segue a funcionar, a Plataforma pro residencia, e representantes dos catro grupos…

  • Unha implicación do peche de megaupload en Ribadeo

    Emprego peche e non cierre polas características do asunto. Pero, imos o gran. A banda renovou a súa páxina. Unha das consecuencias, a publicación na web dos estatutos de Amadores, a súa sociedade matriz. Están publicados? Non. Intenta descargalos dende a páxina de ‘documentación’ coa ligazón que poñen: http://www.megaupload.com/?d=Z2IAU0R3 Non copio aquí o que aparece.…

  • de plantas medicinais, arándanos e moras, artigo de Evaristo Lombardero

    DE PLANTAS MEDICINAIS, ARANDANOS E MORAS A asociación Puente de los Santos (Concellos de Ribadeo e Castropol. Leader Plus) promoveu, hai poucos anos, un proxecto de Prantas arómaticas e medicinais do cal non é doado atopar información no momento actual. Entre outras cousas porque da devandita plantación non quedan nin os restos. Non se vendeu…

  • Falando sobre a periferia … desfavorecidos nun factor 40

    Hai un par de días falei no blog sobre estar na periferia. Era a reposición dun vello artigo xornalístico no que falaba de comunicacións, en particular, telecomunicacións (non de economía ou de poder, que tamén son aplicables no caso de Ribadeo). Sobre o tema chegoume unha captura de pantalla que quero poñer aquí porque serve…

  • Teatro do absurdo

    O teatro do absurdo foi … bo, mellor, na Galipedia. Ó fin, non deixa de ser teatro, e polo tanto, interpretable. Paso tódalas semanas unhas cantas veces por diante dos edificios que fotografío abaixo. Os dous son públicos, aínda que correspondentes a diferentes administracións. O primeiro ofrece un paso máis nunha seire de atrancos decisións…

  • Nova vella entrada: Achégase o Fin de Curso

    O tema é xa vello, pero renóvase tódolos anos, na mesma época (que non é ista). O texto foi publicado o 19960630. – Achégase o Fin de Curso Na nosa tradición occidental parece que tomamos a vida e os sucesos como algo lineal; eso din os estudosos da mentalidade social. Nembargantes, celebramos os ciclos. Este…