-
Unha lembranza dun acto para mañá venres 20120316
-
Cachondeo a conta da sanidade. Quen cura á sanidade na Mariña? Pequena historia para comprender os últimos anos.
Hai xa moito tempo, a metade da viaxe do bipartito en Santiago, que se formou unha plataforma de defensa da sanidade pública no hospital da costa. Daquela había un cheiro a que o hospital ía quedar desatendido para promover o ‘grande hospital’ de Lugo, que era só era un proxecto en marcha. Antes aínda houbo…
-
Dando unha nova sobre Ribadeo e o cine
Hoxe mesmo recibín nova dun novo blog adicado a Ribadeo e ó cine relacionado, no que nos seus primeiros pasos parece un particular blog de historia de Ribadeo: http://cinesribadeo.blogspot.com/.
-
Queixiñas
Onte pola mañá houbo unha pequena manifestación no IES Gamallo Fierros. Foi circunscrita ó ciclo de Educación Infantil, e non saíron do centro. Nada que ver coas de valencia, por exemplo. Neste caso a dirección do centro axusta que é debido a cousas coxunturais, e polo tanto a)non ten importancia, b)é algo pasaxeiro, e ademáis…
-
A emigración, a debate
Non é novidade que voltamos ser un país de emigrantes. As novas da marcha van aparecendo máis que nos xornais, nas revistas. Mais boto en falta que se debata algo máis sobre elo. É dicir, chócame que quizáis se debatera máis sobre o significado da emigración en épocas de bonanza, de retorno, cando a emigración…
-
A nota de prensa do alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia, 20120312, sen comentar
EXPLICACIÓN PÚBLICA DA MIÑA SITUACIÓN INTERNA NA FORMACIÓN POLÍTICA NA QUE MILITO Na miña opinión non é un momento agradable para o nacionalismo galego ver como xestionaron a vitoria os que gañaron na XIII Asemblea do BNG hai poucas semanas e como xestionaron a derrota moitos dos que nela perderon, iso si, por estreita…
-
O comezo da privatización dos concellos?
Resulta que este fin de semana os xornais trouxeron unha nova sobre o control ós concellos. Que si había que controlalos máis para traelos ó rego do gasto, e había que cambiar algunhas cousas legais. Isa era a cuestión. Pero no medio, nun lugar pequeno, eses cambios inclúen a posibilidade de que a xente de…
-
Ribadeo marabilloso: o pozo Mouro no río Lexoso, preto de Remourelle
Ribadeo ten lugares marabillosos. O Pozo Mouro no río Lexoso, preto de Remourelle (aprox. 43º30’30″N, 7º10’9″W) é un deles. A visitar en particular estes días, recén arrasada a zona de acceso coa tala de eucaliptus e posterior plantación, facilitando a chegada ata a zona da fervenza e do pozo. As fotos non dan fe abondo.…
-
Prezos Ribadeo 2012
Entre os moitos indicadores de como vai a cousa (a ‘economía’ en sentido amplo) están os prezos dos locais comerciais. Por aquelo do ladrillo e o movemento de cartos que representou a compra/venda de casas, estes anos falouse moito máis dos prezos dos pisos, pero hoxe na Voz de Galicia José Alonso fai un repaso…
-
Unha curiosidade histórica relacionada con Ribadeo
A casa de Lamas: http://www.terraetempo.com/artigo.php?artigo=2240&seccion=13&typNe=17%3A56%3A40