-
Semipleno ata as 23:59
A historia en Ribadeo (ás veces) parece que se vai escribindo cun sorriso nos beizos. Onte fíxose patente esa parte e tamén algunha menos sorrinte. Un pleno que comezou con 12 edís dos 13 rematou con 10. Cando cheguei (tarde), un total de 12+3+4 persoas (concelleiros, persoal municipal e público), e, ó final, 10+2+1. Cada…
-
Unha lembranza para hoxe: Pleno en Ribadeo
Corto e pego da páxina do concello, para hoxe, 14 de maio ás 20:00: Entre os puntos que se someterán a debate a aprobación figuran: a concertación de préstamo ao abeiro do Real Decreto 4/2012; a ordenanza fiscal P3 polo prezo público pola venda de libros, publicacións, material promocional e pola realización de actividades, xornadas,…
-
Pasou o día?
Remedando un dito, ‘Pasou o día, pero non a romaría’. Coido que mellor unha imaxe, recortada dunha foto da colección de Brocco Lee en Flickr, tomada en Atocha, Madrid. 12 de Maio 2012, que collo a traverso do blog do Ángel de Olavide que animo a ler (lic. da foto, atribución-compartir igual xenérica 2.0): Despois…
-
numerando os días, actuando neles.11M, 12M, 13M… …
12M Despois dun ano, as persoas do movemento 15m volveremos a saír ás prazas nunha xornada de mobilización global, ocupando un espazo que é noso, das veciñas e veciños. Non será unha celebración nostálxica dos acontecementos do 2011, pero si unha maneira alegre de volver a estar xuntas, para seguirmos pensando que mundo queremos; sabemos…
-
Un xulgadiño, …
Petición denegada? Ó mellor pediuse tan baixo que non houbo lugar á escoita. De feito, non teño constancia que dendeo o concello se pedira dende hai máis dun lustro. Si pola cidadanía, e as sinaturas presentadas polo Tesón hai ano e medio, a foto cos políticos que (inxenuos) pensábamos que apoiarían a cuestion, a viaxe…
-
Castropol entre nubes. Ribadeo …
De todos é sabido que a ría de Ribadeo ten magníficas vistas. Tamén o é que as vistas dende a beira en Ribadeo son mellores que as que se observan dende Castropol. É algo que ten dada lugar a algunha anécdota. Aquí queda unha foto de Castropol dende a beira occidental da ría de Ribadeo…
-
Ribadeo, onte: tres fotos desiguais
Onte leveime unha sorpresa. Facía tempo que non subía pola aduana vella e atopeime isto: Como se ve, un graffitti métese mesmo nos vidros das fiestras. Hai máis noutro lateral. Subín pensando que é o que algunha xente entende por arte, o lugar do arte, … Na fin de semana houbo unha aproximación luar á…
-
Novas relacionadas con Ribadeo
Entre as novas deste fin de semana, destaca a nivel internacional a victoria de Hollande nas eleccións francesas, que xa ten xerado comentarios que en certo xeito lembráronme ó Premio Nobel de Obama, un premio dado antes de ganalo, polas expectativas. Con outra interpretación, a victoria dos nacionalistas escoceses nas eleccións locais na súa terra…
-
Un vello artigo publicado o 19990430 na Mariña de El Progreso, para repensar sobre a economía local
Pastoral Ribadeo, 1999. Un ano antes do fin do século e do milenio, en Ribadeo estase a plantexar unha pequena revolución comercial. Nalgúns sitios, fai anos que tivo lugar. En outros, aínda tardará. O feito: tres grandes superficies comerciais / áreas comerciais (ou como se lles queira chamar, pois hai unha gama de centros deste…
-
Cambio de luces para aforrar, 500 € por unidad
Estes son os prezos: máis de 500 € por luminaria cambiada no porto de Viveiro, cun total de 35 000 € para cambiar 63 luces. Entendo que é só para cambiar a luz, non o pé e demais necesidades. O aforro que se vai producir (unha volta feita a instalación) vai ser gordo. Así están…