Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.241 posts
27 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Corte na A8

    Grazas a Moisés Gómez, remato de recibir agora mesmo unha foto sobre o corte dos mineiros asturianos na A8 en Tapia: Unha protesta máis que se achega a Ribadeo. Os tempos que corren non deixan lugar para non comezar a patalear. E máis, queima de rodas e un camión atravesado: … e finalización despois de…

  • Calma

    Mañá de sol, pían os paxaros na calma matutina. Os xornais non traen novas de parques queimados e as cinzas do último xa están retiradas. O rebumbio de alegacións ó PXOM alónxase despois da campaña, esperando a renovación total do documento e a súa pronta aprobación ó mesmo tempo. Novas iniciativas como o café de…

  • Resolución do claustro de profesores do IES Porta da Auga

    A conto de que saíu nos xornais onte algún comentario recollendo partes do acrodo adoitado a pasada semana polo calustro do IES Porta da Auga, fíxenme coa resolución enteira, que reproduzo: Resolución Claustro de Profesores/as A Secretaría do ÍES Porta da Auga, concello de Ribadeo, informa que o Claustro de Profesores/as, na reunión celebrada o…

  • Era un parque infantil

    Era. Estaba nun extremo da Vía Troncal, cando chegaba ó Xardín, preto da Casa do Óptico. Din que os nenos choraron ó velo. Sucedeu a primeira hora da noite do sábado. Parece que están investigando, pero despois de estar alí, coido que a cousa comezou polo tobogán de fibra e transmitiuse á caseta de madeira…

  • Gilberto

       Escribir unha necrolóxica non é algo que me guste facer. Mais cando se escrebe é porque se cree que a persoa meréceo. Gilberto, Gilberto Suárez Méndez, meréceo.     Quizáis alguén das novas xeracións non coñeza aínda a Gilberto, pero é difícil chegar a Ribadeo e estar un certo tempo sen saber del. O antroido…

  • Día D – 2ª parte

    A CIG e a ELA denuncia a Aznar, Zapatero e Rajoy polo saqueo de España.

  • Día D

    Hoxe é o noso particular día D. O día fixado para o rescate financieiro, segundo filtracións. Filtracións, como non, interesadas, que meten máis presión no cotarro. Un día ‘perfecto’: en fin de semana, co comezo do campionato europeo de fútbol, a unha semana das novas eleccións gregas, … Ben, as novas que se presentan a…

  • Sons da ría

    Unha foto da ría de Ribadeo onte, co arco da vella querendo medrar sobre a Ponte dos Santos, e un minuto de gravación de sons na zona do cargadoiro: aire e paxaros.

  • Corrupción (e van …)

    Onte nos xornais viña unha nova que xa non é inquietante por coñecida: en europa están preocupados pola corrupción, na que se levan a palma precisamente os PIGS (é dicir, nós, máis Portugal, Italia e Grecia). Hoxe, que NovaGalicia (por que seguirá levando o nome de Galicia como insignia cando xa non é galega nin…

  • Só un par de ligazóns

    Unha, a wiki sobre o movemento 15M. A outra, http://www.eldiario.es/zonacritica/wp-content/uploads/2012/06/precipicio.jpg (lic. cc-sa, de Bernardo Vergara), a correspondente a unha viñeta dentro de ‘eldiario’, un sitio que está producindo moito material bo sobre a crise.