Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.459 posts
38 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • ¿Qué hubiera ocurrido si no hubiéramos tomado las medidas? 1 ano de marcas.

    Verbas, segundo os medios, de Rajoy. E se resulta que o punto no que estamos precisamente é porque se tomaron isas medias? Poderiase acadar maior desconfianza da xente despois de negar en menos de 12 meses todo o que afirmaba antes? Lévanse doce meses batindo marcas de insolidaridade co pobo, obscurantismo, entrega do común a…

  • Chamando ó SERGAS

    [recollo da rede, publicado por Curuxa de Minerva]… pois resulta que anúnciase o número 902 077 333, que é de pago extra (902), cando se pode solucionar cunha chamada local (a custe 0 se se ten tarifa plana: En Lugo: 982269893

  • Estatística dun desastre

    Aproveito datos que traía onte La Voz para facer un par de gráficos:  Coido que está claro que entre o 2003 e 2005 houbo unha importante merma na cabana de vacuno de leite na comarca. A partires de aí, a situación case se estabilizou, mesmo cun pequeno crecemento no 2008, no que houbo unha punta…

  • Domingo de concentracións

    Hoxe houbo unha concentración entre 11:30 e 12 na Ponte dos Santos a conto do paso ciclista sobre a ría. Rebobinando, esta semana houbo un accidente dun ciclista ó pasar pola beira, co resultado dunha mandíbula rota. Hai xa dous anos que O Tesón presentou unha pregunta no pleno, que o alcalde dixo que ía…

  • Ó día

    Luns, pleno no concello ás 20 horas. Temas a tratar? Sábese de que non vai haber aumento de impostos, que interesou publicitar. Pero non máis. Apertura, claridade, información, contacto, … Cando se pediu un regulamento de participación cidadá (sen contestación polo concello), se propuxo (sen atención), se propuxeron cambios ó proposto polo concello (sen consideración),…

  • Sobre a folga, dende Ribadeo

    Coido que sería máis adecuado dicr ‘sobre a protesta’, da que a folga só é unha parte. En Ribadeo, algúns locais cerrados , a grande maioría abertos, e dos cerrados, algúns só parte do día. Moi alta incidencia a folga de alumnos no centro integrado de formación profesional, que estivo vacío, e desigual no novo…

  • Se hoxe é 14N, isto é unha folga

  • O Prestige? Nunca máis!

    Literalmente, unha imaxe do dominio público. O pobo que esquece a súa historia está condenado a repetila. E ista historia comezou hai hoxe dez anos.

  • A quimera do Ouro

    Quen non lembra a peli? En torno ó ouro lévase trazado toda unha montaña de quimeras. E agora mesmo, séguese a facer. A mostra estivo onte en Tapia, segundo apuntan os xornais. Din que os organizadores tildaron a asistencia en mil persoas. ‘Fontes oficiais’, en 400. Peticionarios de emprego, segundo a empresa, en 7 000.…

  • 2ª película do ciclo de cine ‘Novelando a presión social’

    Despois dunha interesante primeira película e máis interesante discusión, tomo do blog de O Tesón a nota de prensa e cartel da segunda, correspondente á película ‘Network, un mundo implacable’: Nota de prensa:   Ribadeo, 20121110 A AVV O Tesón comezou o pasado venres 9 de novembro de 2012 un novo ciclo de catro actividades…