-
O Prestige? Nunca máis!
Literalmente, unha imaxe do dominio público. O pobo que esquece a súa historia está condenado a repetila. E ista historia comezou hai hoxe dez anos.
-
A quimera do Ouro
Quen non lembra a peli? En torno ó ouro lévase trazado toda unha montaña de quimeras. E agora mesmo, séguese a facer. A mostra estivo onte en Tapia, segundo apuntan os xornais. Din que os organizadores tildaron a asistencia en mil persoas. ‘Fontes oficiais’, en 400. Peticionarios de emprego, segundo a empresa, en 7 000.…
-
2ª película do ciclo de cine ‘Novelando a presión social’
Despois dunha interesante primeira película e máis interesante discusión, tomo do blog de O Tesón a nota de prensa e cartel da segunda, correspondente á película ‘Network, un mundo implacable’: Nota de prensa: Ribadeo, 20121110 A AVV O Tesón comezou o pasado venres 9 de novembro de 2012 un novo ciclo de catro actividades…
-
Cagadas (de paxaro) e solución
Días pasados falei dos paxaros. Estes últimos días non os escoitei. A foto de embaixo está tomada xoves. As cagadas no coche dan unha imaxe de que leva varios días alí. As ramas cortadas manifestan a outra faceta: nelas xa non poderán estar os paxaros.
-
Mapa español da apertura (dos datos públicos)
Iranse engadido máis ligazóns, pero as poucas que hai polo momento son interesantes: Map openess Spain. Facer públicos e visibles os datos públicos … queda moito por percorrer, pero pouco a pouco pódese.
-
Algún dato sobre a vitoria de Obama
Grande vitoria en número de grandes eletores dos estados, só cousa de un 2% sobre o número de votantes, desaparición do resto de participantes nas presidenciais, son tres feitos que poden indicar algo de contradición, pero que representan un sistema de votación, o norteamericano, que non é moi igualitario no caso das presidenciais, primando ós…
-
E quen gana?
Barack Obama. E ti, eu, e os demáis? Iso, que importa?
-
II ciclo de cine da AVV O Tesón
Do seu blog traigo a nova: Este venres terá lugar a proxección e posterior foro sobre a película ‘La Ola’. Antes da proxección será entregada unha pequena sinopse sobre o que representa a película e o seu desenvolvemento, e despois, terá lugar o intercambio de ideas e pareceres sobre a mesma. A nota de prensa…
-
De novo, os paxaros
Xa pasara ‘moito tempo’. Os estorninos están de volta por Ribadeo. Deixo a continuación catro fotos, unha ampliación e un vídeo: Unha árbore aparentemente normal no xardín, moi poboado de follas, iso si, Se nos fixamos, na ampliación a grande maioría das ‘follas’ non son tal, senón paxaros. O que se pode notar cando comezan…
-
Sobre as cousas boas
‘As cousas boas sempre estarán aí’ é a lenda do anuncio publicitario que leva varios meses na rúa. Chamoume a atención dende o primeiro día non o fondo, plácido, senon que o anuncio fora precisamente dun produto perecedeiro. Está claro que por boa que sexa o leite que anuncia, co tempo, degrádase e deixa de…