Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.316 posts
29 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • E armouse o belén

    Coido que non é a primeira volta que falo de beléns no blog (por exemplo, aquí-2008, aquí-2012 ou aquí-2010). Coa chegada da época, de novo armouse o belén: http://ysearmoelbelen.blogspot.com.es/. Ribadeo, de mans da sociación belenista, estase a converter en terra de beléns. Este ano, a parte do xa antigo da Terceira Orde, está o de…

  • Pasou o solsticio de inverno, está para chegar o novo ano, Bo Nadal!

  • Ben, xa está roto o consenso sobre a residencia en Ribadeo (II)

    Despois da entrada de onte sobre  mesmo tema, o artigo de José Mª Rodríguez, presidente da Comisión Pro Residencia, publicado hoxe en Crónica 3 , no seu propio blog, e (supoño) en impreso hoxe ou próximamente: ¿A QUIÉN SIRVE EL PP DE RIBADEO? José Mª Rodríguez .- Quiero empezar, ante todo, manifestando mi pública admiración…

  • Ben, xa está roto o consenso sobre a residencia en Ribadeo

    Chegou o agasallo do PP polo Nadal a Ribadeo: unha xuntanza antonte, a decisión dunha medida de presión fóra de Ribadeo, e, voilá! o PP desmárcase e pasa a exercer de oposición da oposición. Repito: oposición da oposición, que non goberno, que move máis á compasión e ó victimismo, ó tempo que da menos solucións.…

  • Comentario á presentación do libro de Camilo Nogueira

    Onte fun á presentación do último libro de Camilo Nogueira, Para unha crítica do españolismo, na Casa das Letras e da man da AC Paco Lanza. Apreciei escoitar a Camilo Nogueira, pero en canto ás ideas expostas, atopei algunha cousa que quería comentar e que non me foi posible pois o asunto alongouse demasiado e…

  • Ja! Ou o riso do control financieiro.

    A ver: Créase un banco malo para xestionar activos con perdas, e resulta que non é banco nin é malo, segundo a ministra. Ata aí, vale. Resulta que tampouco é público, e que os seus directivos, postos dende o ministerio, poden cobrar tranquilamente os seus 0,5M€, porque teñen limitado o soldo, que se non… Pero…

  • O plan perfecto: pagar para vender

    Hoxe a portada da Voz é clara: o banco Novacaixagalicia val -3091 M€. O seu significado, tamén: haberá que desprenderse de 3091 M€ (+1 €) para quedar a pre e que alguén se faga con ela. Outros tres mil millóns máis [nota: máis de mil euros por cada galego], … e segue sen pasar nada.…

  • Estados Unidos estimulará a economía ata que o paro baixe do 6,5%

    Será nova? Non é unha inocentada? De feito, a nova é do día 12 e ata hoxe deixeina gardada por se había desmentidos … Non os houbo, pero tampouco se lle deu moito aquel por estes lares… Debe ser por incredulidade respecto do que está a pasar na chamada ‘pel de toro’, na que segundo…

  • Unha felicitación

    Aló polos 80, un membro do club Altruán ensinoume a manterme sobre a piragua e mesmo avanzar  para moverme pola ría con tranquilidade. Moitas molladuras seguidas, a paciencia do meu mestre e algo de voluntade pola miña parte, deron resultado ó fin. Despois deixeino, pero ségueme a gustar, en particular polas posibilidades que ofrece. O…

  • A ría de Ribadeo ten nome

    Onte chegou a min un vello artigo (do 2002) sobre a historia do nome da ría de Ribadeo, por Gonzalo Anes, en La Nueva España, que antes fora publicado en ABC, ningún dos dous considerado ‘pro Galicia’, que eu saiba. Queda referido asemade en Publicado en Ribadeo. E unha curiosidade: quen tente atopar o artigo…