Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.241 posts
27 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Perfil de Ribadeo dende o Cantón

  • Sobre a asamblea de Amadores

    O pasado sábado 20121222 tivo lugar a asamblea anual ordinaria de Amadores da Música. Aprobouse de xeito unánime a acta anterior e as contas, que inclúen case 26 000 € de gastos e un saneado balance no que aínda non están incluídos os recibos dos socios deste ano. Detalláronse asemade no apartado de gastos diversas…

  • E armouse o belén

    Coido que non é a primeira volta que falo de beléns no blog (por exemplo, aquí-2008, aquí-2012 ou aquí-2010). Coa chegada da época, de novo armouse o belén: http://ysearmoelbelen.blogspot.com.es/. Ribadeo, de mans da sociación belenista, estase a converter en terra de beléns. Este ano, a parte do xa antigo da Terceira Orde, está o de…

  • Pasou o solsticio de inverno, está para chegar o novo ano, Bo Nadal!

  • Ben, xa está roto o consenso sobre a residencia en Ribadeo (II)

    Despois da entrada de onte sobre  mesmo tema, o artigo de José Mª Rodríguez, presidente da Comisión Pro Residencia, publicado hoxe en Crónica 3 , no seu propio blog, e (supoño) en impreso hoxe ou próximamente: ¿A QUIÉN SIRVE EL PP DE RIBADEO? José Mª Rodríguez .- Quiero empezar, ante todo, manifestando mi pública admiración…

  • Ben, xa está roto o consenso sobre a residencia en Ribadeo

    Chegou o agasallo do PP polo Nadal a Ribadeo: unha xuntanza antonte, a decisión dunha medida de presión fóra de Ribadeo, e, voilá! o PP desmárcase e pasa a exercer de oposición da oposición. Repito: oposición da oposición, que non goberno, que move máis á compasión e ó victimismo, ó tempo que da menos solucións.…

  • Comentario á presentación do libro de Camilo Nogueira

    Onte fun á presentación do último libro de Camilo Nogueira, Para unha crítica do españolismo, na Casa das Letras e da man da AC Paco Lanza. Apreciei escoitar a Camilo Nogueira, pero en canto ás ideas expostas, atopei algunha cousa que quería comentar e que non me foi posible pois o asunto alongouse demasiado e…

  • Ja! Ou o riso do control financieiro.

    A ver: Créase un banco malo para xestionar activos con perdas, e resulta que non é banco nin é malo, segundo a ministra. Ata aí, vale. Resulta que tampouco é público, e que os seus directivos, postos dende o ministerio, poden cobrar tranquilamente os seus 0,5M€, porque teñen limitado o soldo, que se non… Pero…

  • O plan perfecto: pagar para vender

    Hoxe a portada da Voz é clara: o banco Novacaixagalicia val -3091 M€. O seu significado, tamén: haberá que desprenderse de 3091 M€ (+1 €) para quedar a pre e que alguén se faga con ela. Outros tres mil millóns máis [nota: máis de mil euros por cada galego], … e segue sen pasar nada.…

  • Estados Unidos estimulará a economía ata que o paro baixe do 6,5%

    Será nova? Non é unha inocentada? De feito, a nova é do día 12 e ata hoxe deixeina gardada por se había desmentidos … Non os houbo, pero tampouco se lle deu moito aquel por estes lares… Debe ser por incredulidade respecto do que está a pasar na chamada ‘pel de toro’, na que segundo…