-
Fraude e Ribadeo
Collo datos un xornal de onte e uso proporcionalidade … a cota de evasión fiscal dunha poboación equivalente a Ribadeo sería 16 M€, isto é, case dobre que o actual orzamento do concello. Como a maioría do fraude corresponde a grandes empresas, e en Ribadeo actúan pero non están baseadas, axusto máis: A cota de…
-
A voltas coa residencia de anciáns en Ribadeo
O venres tivo lugar unha xuntanza en Santiago sobre a posible residencia de anciáns en Ribadeo. Para comezar o comentario, o comunicado do alcalde, portavoz da comisión, foi o seguinte: “SUÁREZ BARCIA TILDOU DE SOSEGADO E CORDIAL O ENCONTRO MANTIDO CON BEATRIZ MATO PARA ANALIZAR E RECLAMAR A CONSRUCCIÓN DUNHA RESIDENCIA DA TERCEIRA IDADE EN…
-
Un engadido no blog
Hoxe decidinme a poñer a subscrición por correo ó blog, para quen queira recibir as novas entradas por ese medio. Non sei se será aproveitado ou non, xa veremos o seu rendemento. Está no lateral, nestes momentos na súa parte superior.
-
Unha referencia
Non atopei unha ligazón. Apareceu onte como artigo na Voz e como nova no El Progreso, con datos e foto de quen fixo o escrito. Poño a continuación o escaneado da Voz, porque coido que máis información, como poñía o Progreso, pode distorsionar a visión de fondo.
-
A temperie ribadense no 2012
Collido de Física e Química en Ribadeo. Rematou 2012. Un ano máis, un ano menos, segundo como se mire, sen grandes excesos meteorolóxicos, a diferenza doutros anos anteriores. Cos datos recollidos na Granxa-Escola Pedro Murias, pódese trazar unha semblanza da temperie en Ribadeo o pasado ano 1.Introducción En Ribadeo contamos coa estación meteorolóxica da Pedro…
-
Sanidade móbil ? ou estamos en obras?
Polo que parece, móbil e mobilizada. A ampliación prometida e logo devaluada quedou nun par de barracóns preto do burelés hospital da costa, e a resonancia magnética parece disposta a cristalizarse na caixa dun camión. Onte houbo unha xuntanza en Burela, pero coido que os medios xa adiantaron algo: recortes. Polo momento, algúns deses mesmos…
-
Xa non. Outra vez si.
Onte, o Juanín, a lancha que foi de Calvo Sotelo e que decora a glorieta do xardín, tiña iluminación, pero xa non foi encendido. As rúas conservaban algún detalle de luz, pero apagado. Os villancicos xa non soaron antonte. Estamos xa no que non debera ser normalidade, igual que os días pasados, pero noutra anormalidade.…
-
Beneficios por empregado
Onte un xornal de distribución estatal facía un comentario de varios ‘casos de éxito’, empresas que están ganando cartos coa crise. En xeral, empresas grandes, e non do sector financieiro. Poñía datos de varios anos, de facturación, beneficios e número de empregados, finalizando no 2011. Botei en falta unha columna máis, o beneficio por empregado,…
-
E os reis (magos) trouxeron a maxia á terra. Un exemplo …
E, como mostra, unhas fotos das catedrais, onte: Como xa era necesario mollarse, houbo que voltar… E, mirando ó ceo, tamén o ‘cohete’ contribúe!
-
Escrito de Pancho Campos: HISTORIA DA RÍA DE RIBADEO. O TRIBUTO DAS CEN DONCELAS
Perguntáronme fai uns días o que era este tributo, e dado que para a nosa historia local e nacional e algo digno de saber por todos, vouno expoñer tal cual eu o sei. O Tributo das 100 Doncelas era unha contribución casi de vasallaxe que entre finales do século VIII e mediados do IX os…