Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.241 posts
27 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Imaxes dun rescate na ría de Ribadeo

    Antonte a nova foi o rescate de dous mariñeiros que encallaron cunha lancha nas carrallas. Veu un helicóptero, xa noite pecha, e realizouse o rescate, pouco antes de que a ‘Nova Antonia’ envorcase coa baixada da marea. A parte dos danos materiais, os tripulantes (o patrón xa sufriu outro naufraxio hai uns anos) saíron ben…

  • En Ribadeo, leite de aquí

    Visto onte nun comercio de aquí: Todo o linear, uns cantos metros, cos paneis. En dous deles, os dous papeis que se ven, forrados de plástico. Neles, o logo do CCA, o Centro comercial aberto, é dicir, a asociación de comercios do centro do pobo. Escrito neles, en castelán e galego, ‘toma leite da terra,…

  • O cambio climático en Ribadeo

    Despois da entrada de onte sobre o clima, vin que é doado facerse unha idea falsa da temperie que ven en cada momento, e que ás veces, menos datos poden resultar en máis claridade. Así, onte, a temperatura en Ribadeo foi superior á de antonte, en varios graos, mentras que había xente que dicía que…

  • Tempo revolto por Ribadeo

    Despois do Gong, onte andivo de novo o tempo revolto por Ribadeo: chuvia, frío, saraiba, … Os datos diarios da Pedro Murias dan fe: Temperatura media do aire (ºC) 5,6 Temperatura máxima do aire (ºC) 8,4 Temperatura mínima do aire (ºC) 3,3 Horas de Frío (Base 7 ºC) (h) 20,2 é dicir, chegouse ó 3º…

  • Dicionario de Madoz e Ribadeo / Rivadeo (II)

        Como curiosidade a partir da entrada anterior sobre o dicionario, deixo abaixo a ‘interpretación’ que fixen das páxinas sobre Ribadeo e o seu partido xudicial que aparecen no Madoz. Aínda que quen lea máis embaixo verá que non fai falla, advirto que a interpretación cómese cousas que non descifrei, pode haber cambiado algunha palabra…

  • Dicionario de Madoz e Ribadeo

    Remata de chegarme por reenvío de reenvío propaganda do dicionario de Madoz. Di que no enderezo http://www.diccionariomadoz.org hai información (histórica) de Ribadeo, pois trátase dun libro de 1848. E si, haber, haina, mais … 1.Débese procurar por Rivadeo, antiga grafía usada para o actual Ribadeo. 2.Aparecen varias respostas (entre elas, da Vega de Rivadeo), algunhas…

  • Plásticos ribadenses, AD, e Gong Ribadeo, TI

    Pasou o Gong. Coido que na nosa zona, sen pena nin groria, máis cicloxénese por concentrarse os ventos que explosiva, que parece que a explosión quedou máis ven noutros lugares. Aínda que algunha cousa houbo para poder sacar foto, como a invasión de restos diversos de troncos e ramas na rada do porto pesqueiro (por…

  • O CONVENIO ALCALDE-EON EMPEZA A FUNCIONAR – artigo de Evaristo Lombardero

    O pasado venres 11 de xaneiro de 2013 varias máquinas dunha empresa contratada por BEGASA-EON entraron nos montes de Piñeira e As Anzas e comezaron as excavacións e movementos de terras para construir o tendido de alta tensión e a subestación eléctrica que se ven proxectando dende 2007. Tomemos nota do dato: cinco anos. Ao…

  • A temperie ribadense no 2012 (II)

    collido de FQ Ribadeo   (1ª parte) 3.Choiva Continuando coa recollida de datos da estación meteorolóxica da Pedro Murias, atopámonos con que a serie fiable de choiva ten asemade unha lonxitude menor do conxunto total da datos recollidos, abranguendo igual que no caso de temperaturas, dende o 2003. Aínda así, con datos incompletos de 2001…

  • Temas municipais en Ribadeo

    Martes noite houbo pleno ó que non puiden asistir. Polos xornais, enterámonos de que se ía tratar da rescisión de contrato da empresa que deixou parada a obra do pavillón, a que substitúe un vello por outro novo e foi cuestionada polo aporte de cartos necesario. Coa maioría do BNG e voto do PSOE, amañouse…