Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.241 posts
27 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • Os números non cadran. As verbas, tampouco. A sanidade fala polos números.

    Un novo caso, entre os que poden servir de ilustración estes anos. O hospital da costa, despois de múltiples intervencións políticas promentendo o ouro e o mouro mentras se lle quitaban cousas e poder desviándoos a Lugo, despois da dimisión da cúpula de decisión e a súa substitución, e a defensa da situación pola nova…

  • Axuda prosubvención

    Neste país estamos vendo de todo. A cousa agravouse dende aquela cando os titulaes eran uns poucos miles de millóns de pesetas, cando escribira un artigo na Mariña/El Progreso titulado ‘Corruppción ou corrupsoe?’ (aínda sen subir á rede, e xa vai varias veces citado do mesmo xeito). Hoxe a cousa elevou a súa magnitude, e…

  • Xornadas sobre a violencia de xénero

    Ainda que por cousa de lembranza vou postear esta entrada con preto de dous meses de retraso sobre a orixe do título, dátoa coa data en que se xerou. O motivo de que saia hoxe é a recuperación dun debuxo que fixen daquela no que aparecen introdutora e conferenciante no estrado do cine-teatro. E con…

  • Ribadeo xa ten Conde

    Si, oficialmente, Alfonso Martínez de Irujo xa e Conde de Ribadeo. A lembrar as verbas do alcalde: “Quiero felicitarlo por tal insigne distinción porque ser conde de Ribadeo no es cualquier cosa. Se queda en el ámbito retórico, porque aquí decimos desde hace mucho tiempo que los de Ribadeo no rendimos vasallaje a nadie, no…

  • A débeda de Ribadeo

    Remato de atopar na rede a ligazón a unha web onde se da conta da débeda dos concellos de España. Pódese procurar Ribadeo, e segundo os datos que alí aparecen, ten unha débeda por habitante de 278 €, case a terceira parte da media (744 €). Lugar en débeda/hab. entre os concellos de España? 3107.

  • A saída do túnel

    Así, movida, vendo luz exterior, ó tempo que o fotógrafo, eu, quedaba na obscuridade, quedoume hai algún tempo unha foto. Hai algún tempo, quizáis cando os ‘brotes verdes’ ou cando tras un ano de novo goberno todos os males do país estarían curados. Hoxe paréceme unha esperanza que se alonxa, como o grupiño de xente…

  • Existe China? (ou a realidade alternativa)

    Onte, unha semana despois do atentado de Boston, con tres mortos, un diario nacional adicáballe dúas páxinas enteiras ó seguemento do tema. O mesmo día, no mesmo xornal, aparecía nunha páxina de internacional a metade dunha columna á beira dunha páxina dando conta dun terremoto en china de escala 7 no que terían morto abondo…

  • Ouro: Argumento de autoridade

       Dende hai unha tempada, as novas, vía relacións cos medios de Asturgold, veñen sinalando que un ecoloxista uniuse á compañía e está dando o seu respaldo ós proxectos, entre eles o da mina de ouro de Tapia, saíndo neste caso nos medios asturianos e galegos cada dous por tres ben publicitado. O último acto,…

  • Perdido entre outras novas

    Aparece hoxe que Anova pasa a ser un ‘partido partido’ este fin de semana despois de comezar cun só ordenador, nin sés nin liberados (por certo, este venres ás 8 hai unha ‘previa’ ribadense no Cantón), como exponente de novedade sociopolítica, pois o traslado de decisións do hospital da Costa ó HULA xa non o…

  • Charlando para defendernos

    O pasado fin de semana houbo unha charloa sobre as preferentes, organizada polo BNG. A consecuencia dela, o que resulta nos medios é unha confrontación entre a portavoz preferentista e o concelleiro de consumo. Non obstante, a charla ía para dar ós preferentistas unha apertura de miras que facilite a súa actuación de defensa. Mágoa.…