Ribadeando
Ribadeando
@ribadeando@blogs.amarinha.gal

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

8.317 posts
29 followers

Ribadeo e as miñas cousas (chámalle Blog / Weblog / Bitácora / Caderno … )

Categoría: Sen categorizar

  • 2013 en Ribadeo, campeón!

    Copio aquí máis ou menos o que xa puxen en fqRibadeo. 2013 está feito un campeón. Con datos da estación meteorolóxica Pedro Murias, e aínda que queda moito ano, a maioría, polo momento manténse destacado nos dous indicadores máis considerados de temperie. O primeiro, a temperatura, ven dada na liña ‘gorda’ da gráfica de embaixo,…

  • Natureza de retorno en Ribadeo

    Fagamos un descanso. Un home desaparecido, a probable (e para min cando menos curiosa) supresión de horarios no FEVE ou a última entrada de onte sobre o nome da ría de Ribadeo deixan paso por un intre neste post á natureza. Unha natureza que retorna a nós de xeito recurrente aínda que a nivel global…

  • A RESERVA DA BIOSFERA E O NOME DA RIA. Artigo de Evaristo Lombardeo Rico

    O mércores 15 de Maio celebrouse en Trabada unha xuntanza da comisión xestora da Reserva da Biosfera Oscos Eo e Terras de Burón. Sabemos algo desa xuntanza por unha nota de prensa. O día 31 de Maio celebrouse unha nova xuntanza no concello de Ribadeo, pero deste acto non se deu nota de prensa polo…

  • Despertando a sociedade, onte en Ribadeo

    Onte en Ribadeo houbo dúas xuntanzas para despertar á xente do seu letargo. O seu signo foi ben diferente. A primeira, foi nunha praza aberta, no mercado, da plataforma da sanidade de A Mariña, para recoller sinaturas. Poño primeiro a convocatoria, recollida de Fb (tamén saiu nos xornais como nova): “ Plataforma Sanidade A Mariña…

  • Anacos escollidos de ‘Sobre a moral e o mercado’, de Gabriel Jackson

    Recollido de El País, 13/07/2008 … algo xa vello … ‘O mercado, se non se regula, é completamente amoral’ ‘O mercado non se preocupa polo destino dos individuos, salvo nas súas fucnións de traballadores e consumidores’ ‘Un xeito frecuente d enon cumprir as normas existentes era encher as comisións supervisoras de conservadores que non crían…

  • Política e paro

    As dúas p, que non PP, tiveron efecto en Ribadeo. A primeira, coa presentación da agrupación de Anova en Ribadeo, con Jorge Díaz Freije e Xavier Chao Lolo como cabezas visibles polo momento. Jorge provén da estrutura do PSOE, rastreable de xeito doado na rede, mentras Xavier que eu saiba non estivo integrado en estrutura…

  • Resultado: un morto

    Xa é vello. Comezo da antiga estrada de Vilaselán. Noite de xoves a venres pasado. Case está esquecido. Por iso o lembro.

  • Non é ouro todo o que reloce

    –> … tampouco temos que facer relocer todo ouro. Dende hai moito tempo, a humanidade procura o ouro máis como símbolo de poder que como outra cousa: o seu uso industrial é moderno e limitado, e o seu emprego para a estética foi o que determinou a súa importancia como símbolo de poder. Ben, se…

  • Acompasando o tempo

    Parece que o tempo este ano vai parello ás malas novas económicas, políticas e de corrupción e comportamento de persoeiros públicos. Facendo bo o dito de ‘ata o corenta de maio …’, na época na que estamos, o Sol sae tímidamente entre nubes e as mangas curtas non son numerosas. Hai dez días que deixei…

  • Gaiás, Gaiás, …

    En Galiza, o mesmo que en Galicia, non se toma como referencia o aeroporto para aves de Castellón ou outras obras que pode haber polo mundo adiante, senón o Gaiás. símbolo de gasto superfluo ou desaproveitamento, de gasto desmesurado, certamente sobrepasa e pode servir de referenza para moitas outras obras, aínda que lle saian competidores…